Castiñeiras


Foliada no Salasón esta noite (Cangas)
Non hai máis q falar, esta noite vemonos no salasón pra botar un bailes e seguir coa festa do entroido.

Eu irei disfrazado (inda q o momo xa se enterrou) pero haberá máis xente coma min jeje.

Un saudo!

Editado: pouquiña xente, pero os q estivemos pasamolo en grande ;)
Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 23-02-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Carnavais de Nerga
Xenial coma todos os anos estes carnavais. Máis tarde subirei un artigo-resumen con fotos, agora non me da a virada...

Para ir abrindo o apetito ahi vos deixo unhas poucas fotos.

Saude!

PD: aqui un video do luns á noite despois de camiñar todo o dia por Pinténs, Hio e Vilanova. Estaban posando pra unha foto jeje

Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 22-02-2007 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Sábado e domingo en Verín
Foi unha fin de semana moi longa... o sábado despois de comer fomos ata Verín. Chegamos a iso das 5 a Rebordondo (parroquia natal de Benito).

Tivemos unha gran acollida pola sua parte, non faltou nin viño, nin queixo, nin chourizos, nin unha lareira quentando o salón :)

Alí na súa casa estivo contándonos anécdotas e historias acerca do museo q tiña alí dentro da casa, os de Allariz parecen pouquiña cousa ó seu lado!

Tamén andivemos a xoghar co carburo, facendo saltar un par de latas polo aire con el.
Coa mesma fomos ata Verín, disfrazámonos no hostal, ceamos e comezamos a festa: muita fariña había por ali esa noite!!

O día seguinte despois de toda esa festa inda nos animamos a velo desfile, e non só velo, senon que incluso nos metemos dentro bailando e tocando un par de panderetas jejeje
Image Hosted by ImageShack.us
Ahi están as fotos pa demostralo...

Pero non só o museo da casa de Benito, tamén tivemos a gran sorte de pasar polo taller do seu irmán Nelson, alí miramos como era o proceso de facer o traxe e careta de Cigarrón, amén de mil cousas máis (q manitas é Nelson!!).

E pra finalizar non puidemos deixar de visitar o castelo de Monterrei, cunhas vistas incribles do val de Verín.
Image Hosted by ImageShack.us


A iso das 10 da noite collemos rumbo de volta pra casa, muitos querían quedar (eu incluido) pero tp queria perdermo os carnavales d'O Hio ;)

Gracias Benito por ensinarnos tantas cousas e por invitarnos a esa gran festa de Verín!!

..e gracias tmn á tua familia q nos tratou coma se fosemos un máis dela!
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 22-02-2007 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá a Verín, domingo á noite Nerga
O dito, mañá marcho pro entroido de verín a emporcallarme de fariña e a pasalo en grande.

Sen tempo a descansar, o domingo pola noite pasarei por casa a recoller os disfraces e directo pra Nerga pq empezan os carnavais!!

Van ser uns dias sen descanso pero q merecerán a pena. Botádelle un ollo a esta páxina do Mª Soliño q describe bastante ben os carnavais do Hio.

Un saudo! vemonos por Hio eses dias e...

...e q Viva a comparsa de Nerga!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Donón!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Liméns!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Pinténs!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Vilanova!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Igresario!!! Vivaaa!!
Viva a comparsa de Vilariño!!! Vivaaa!!
Vivan os carnavaaaais!! Vivaaan!!Vivaaan!!

Carnavais do Hio
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 17-02-2007 03:05
# Ligazón permanente a este artigo
Volta a casa por...
...CARNAVALES!!

Ese foi o meu regalo de reis, volver a casa pra poder ir ós carnavales do Hio jeje
Xa son 5 (creo) anos consecutivos e é dificil deixar de ir.

Muito viño!
Muito baile!
Muita festa!


Planning:

Esta tarde ás 19.15 pillo o Megabus en dirección a Londres.
Pasearei un pouco pola city e a iso das 4 da mañá collerei un bus con dirección ó aeroporto de Stanted.

Ás 8 sae o avión e aterrizará en Compos ás 11 e algo.

Pasarei parte do dia en Compos coa miña irmanciña e alguns amigos e á tardiña volta pra Cangas.

Vémonos na nosa terra!
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 13-02-2007 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal