Castiñeiras


Google Street View
Unha de tantas utilidades que ofrece Google é o Google Street View.

Polo momento só está dispoñible nas principais cidades do mundo (aquí unha lista).

A novedade é que un coche-fotógrafo de google pasea por toda a ciudade facendo fotos que despois engaden no google maps.

Son fotos panorámicas de 360º por se queres viaxar sen moverte do sillón ;)

Aquí por exemplo unha foto da Sagrada Familia en Barcelona:

PD: estos coches-fotógrafo fixeron algunha foto in flagrante delito (unha señora mexando na rúa...)
Parrafeo (6) - Categoría: Utilidades - Publicado o 29-12-2008 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Festas!!!


E que o ghordo de rojo ou os tres republicanos vos traian moitos regalos! ;)
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 24-12-2008 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Amsterdam

Xa temos en mente moitas viaxes po próximo ano. A primeira será a Amsterdam o 23 de xaneiro, e creo que hoxe colleremos os billetes de avión.

Como sempre con Ryanair, que desta vez nos costa uns 50€ ir e volver a Bruxelas. Ahí alquilaremos un coche pra conducir ata Amsterdam (2h30 de distancia).

Será moi pouco tempo, de venres a domingo, só un día enteiro en Amsterdam. Pero dará tempo pra ver tulipanes, visitar o barrio rojo e o museo van gogh... ;)

Estade atentos as ofertas de Ryanair que sempre hay cousiñas interesantes!

O máis importante: non hai que pedir días no traballo.
Parrafeo (6) - Categoría: De ruta - Publicado o 19-12-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Marihuana hai 2700anos
marijuana restaurant

Curiosa noticia que lin en Vieiros:

"Descobren unha tumba chinesa un alixo de 800gr de cannabis"


Pero o máis curioso non é iso, senon que é o alixo máis antigo de Marihuana atopado, 2.700 anos de antigüedade... e inda non perdera a cor verde!!

Segundo di a noticia a tumba podería pertencer a un xamán da cultura Gushi, ó noroeste de China.

E a maría... pra consumir noutra vida!
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Federación Furancheira Unida
Envíame Borja un mail cunha noticia sobre os furancheiros. Muito me gusta a min ir ós furanchos, sobretodo pola zona de Cela-Ardán (bo viño e boas tapas! ;))

Resulta que crearon unha federación pra loitar contra o decreto que restrinxe a súa apertura.

O habitual é que os furancheiros vendan os excedentes da súa vendima e acompañen o viño con algunhas tapas. Pero os restaurantes protestan pq os furanchos dan comida e/ou viño que non fan alí.

A nova normativa da Xunta indica que "cada loureiro debe declarar la producción anual de vino ante la consellería competente. Con esto se podrá certificar que el local solo puede abrir sus puertas para vender el vino de casa y no otro comprado, además de reducir su oferta culinaria a un máximo de cinco tapas de fácil elaboración."

Ainda que o problema tamén está na época en que poden abrir os distintos furanchos... qué opinades? Dame igual que non sirvan comida extensa, pero as festas que se fan nos furanchos molan muito! ;)
Parrafeo (7) - Categoría: Festas - Publicado o 04-12-2008 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal