Castiñeiras


Ano novo
Ano novo... vida nova!


Espero q esteades tendo unhas felices festas, e desexarvos a tod@s un...

FELISIANO 2008!!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Móbil gratis
Hai uns días vos falaba da morte do meu móbil, probiño el.

O seu funeral foi o sábado pasado, cando fumos a casa de Esther a celebralo por todo o alto.

Como vos comentaba naquel artigo, eu conseguira ese móbil gratis. E agora vos explico un pouco como:

Eu tiña contrato de Vermello (non vou faser publisidá:P), fun a unha tenda de Verde (ainda non se pasara a laranxa) e pedín que migraran o meu número, é dicir, cambiar de compañía mantendo o mesmo número.

Firmei o novo contrato coa compañía Verde, ianme regalar un móbil cando rematara a migración...

Ó cabo de 10 ou 15 días (eu todo nervioso pq non queria cambiar d compañía) chamaronme de Vermello. Isto pasa sempre e é seguro, pois os da compañía Verde teñen q pedir permiso á compañía Vermella para poder utilizar o seu número.

Na chamada preguntáronme pq me cambiaba, eu llo dixen sen problemas (pq é máis barato e pq necesito móbil novo). O final, ofrecéronme máis do q me ofrecían na compañía Verde.

Despois de facerme de rogar un pouquiño conseguín que me regalaran ese maravilloso móbil (q costaba daquela 60€), unha oferta na q só pagaría o 50% das seguintes tres facturas a cambio de manterme ano e medio máis na compañía Vermella...

En fin, un deses regalos q fan pra evitar q a xente marche dunha compañía. Pero en cambio, se o pides por puntos ou simplemnt amenazas con cambiarte... ou non che dan nada ou danche un móbil barateiro.

Iso si, importante cumplir 2 requisitos:

1ºTer o móbil por contrato e a factura domiciliada ó teu nome.
2ºNon ter un contrato de permanencia.


E indico estes dous requisitos pq dous amigos quixeron facer o mesmo ca min. Un tiña o móbil a nome da súa nai e o outro tiña contrato de permanencia (os dous acabaron sendo Verdes :P)
Foto sacada de Movilae
Parrafeo (5) - Categoría: Utilidades - Publicado o 28-12-2007 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
O Ghordo
Nada, outro ano máis sen que nos toque... éche o que hai! e como de ilusións non se vive haberá que seguir traballando :P

Alégrome que non lle tocase a Davila (andivo preto do segundo premio), non por mal, pero quero poder seguir disfrutando das súas viñetas ;)

Saudos!
Faro de Vigo
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2007 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Móbil ao carallo...
Meu móbil morreu!


Despois dun par de aniños aturándome o finde pasado lle chegou o seu fin. Era un nokia 6101 moi boiño, nunca lle fixo mal a ninguén. E claro está, q eu o tratei moi ben, acariñándoo todas as mañás, téndoo sempre gardadiño nunha funda, ben limpiño e evitando que dera ningún golpe (non sei se podedes apreciar a grieta q hai na antena).

Aparte de facer chamadas con el, o meu móbil tamén me servía de recordatorio. Tiña anotadas datas importantes (mércores de cinza, foliadas..) e agora q quedei sen el, doeme dicir que non me será doado lembrar os vosos aniversarios :S Pra próxima vez anotareinos nunha axenda pra non perdelos.

A súa morte foi rápida e indolora, nun arrebato tireime ao chan sen decatarme q o tiña no bolsillo, e ese foi o derradeiro golpe que puido soportar o meu móbil.

O mellor de todo fora cómo este móbil viñera a min, noviño de todo (q tempos aqueles!), con garantía... e GRATIS! :D

...pero esa é unha historia pra contar outro día.


Saudos!
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2007 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal... CONSUME CONSUME!!

Entre unhas cousas e outras teño o blog totalmente abandonado. Agora chega o Nadal, e con el as ganas de consumir e consumir que a todo o mundo lle chega.

Pq non celebramos as rebaixas de reis no canto do nadal??


Xa o dicían os reis magos: "Estes cabróns das tendas... poñen as rebaixas cando xa rematamos as nosas compras"

O dito, hai q comezar a moda de facerse regalos o día 10 de xaneiro. Seguro q esa tan famosa costa se nos facía un pouco máis fácil de subir.

Por outro lado, un consello q xa en moitas casas creo q se leva a cabo: non esperar ata o último momento pra mercala comida, pois ou se agota ou o prezo se pon polas nubes!

Un saudiño ;)


Imaxes tomadas de: irreverendos.com e e-faro.info
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-12-2007 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal