Menuda festasa q nos peghamos onte! Cheghou un punto no q xa non sentia as pernas, de feito inda hoxe parezo un velliño cando estou a andar :P
Nunca crin q o fose pasar tan ben alá na casa da tia d Maria Mendu, unha das mellores festas nas q teño estado. Pasou a noite entre cantar, beillar, e tocar , e claro, tanto beillar deixa a un derreado
-"Sandro deixame o tambor, así toco un pouco e descanso de beillar!!" :P
Despois a iso das 12 cheghamos ó Salason pa continuar coa festa, nunca estivera alí pero me ghustou o local. Iso si, habia momentos q era imposible beillar con tanta xente q habia.
En resumen, unha noite xenial, e pra min o mellor a festa en Moaña (cando repetimos??)
Comezou a primeira media hora un pouco parada con poukiñas apertas, pero a medida q iamos apertando á xente tamén atopabamos formas de convencer á xente pra q nos abrazase :)
Muita xente topaba moi estrano o q andabamos a facer e despois de darnos unha aperta nos preguntaba pq estabamos ahi? a que organizacion pertenciamos?...
..e as respostas variaban entre un: "pq non?", un "pq si!" ou un "pq senta ben recibir apertas!".
Outra xente ría mirando os nosos carteis de "abrazos gratis", mentres empuxaban
ós seus amig@s ou ás súas parellas pra q lle desen un abrazo ó abrazador de
turno, todo iso entre risas e vergonza q lle daba a xente de dar apertas.
Pero o mellor de todo eran as palabras de agradecemento q escoitabamos da xente: "muitas gracias rapas":) E unha contestacion recurrente era: "gracias a usté, felices festas!"
Xa nas ultimas horas muita xente corría cara nos a darnos unha aperta, ou escoitábase unha voz aproximandose: "eu tamen quero unha aperta!"
A iso das 7.30 da tarde recollemos o "campamento". Todo con muita ledicia por ter dado e recibido tantas apertas e cariño, e por suposto, con MUITAS GANAS DE REPETIR.
GRACIÑAS A TOD@S POLAS VOSAS APERTAS!!
PD: por certo, adianto q esté sábado 30 hai unha foliada no sireno de Vigo(novas informacións apuntan q é na praza da constitución, perdon polo erro), penso q organizado polo Fiadeiro, espero estar ali pra facer festa, beillar, tocar, dar apertas e o q fagha flauta!
Hoxe mércores 27, a iso das 16.30 da tarde comezaremos a repartir apertas de balde na rúa do principe (Vigo), enfrente do Marco. Xa sabedes, se keredes recibir unha aperta ou se keredes apuntarvos a dalas alí estaremos :)
"El Movimiento “Free Hugs” empezó el 2001 por Jason Hunter cuando murió su madre, una mujer que abrazaba a la gente y daba amor a todo el mundo sin importar la raza, ni sexo.
En otra parte del mundo, Sidney, un chico que vivía en Londres pero que era australiano, volvió a su país natal. Una vez allí, se sentía sólo, sus padres se habían divorciado, se acababa de separar de su prometida y su abuela estaba muy enferma. Para animarse decidió ir a una fiesta, donde una desconocida le regaló un abrazo, ” Me sentí como un rey, fue lo mejor que me ha pasado nunca”, así describe ese momento. Seis meses después de este suceso, un 30 de junio, decidió salir a repartir abrazos gratis a la gente que transitaba por Pitt Mall Street en Sidney."
Foi cheghar a casa e deixar o blog completamnt abandonado.. a ver se estes dias o retomo un pouquiño :)
Pq claro, ala comiamos comida basura, por exemplo: tres dias q stiven en Londres, tres dias q comin sandwiches jeje
E chego aki... q si cea de nadal cos de clase, cea cos meus avos d darbo, comida cos de cela... menudo cambio de comida basura a marisco!!
Por non falar das festas, q ben q os locales non pechen ás duas como alá!!
i como non, sair o sbdo por Cangas e ver a xente q tanto se botaba en falta, tomar o rico licor café q por alá non hai...:) Isto é vida!
Weno, deixo de barallar un pouco, inda me teredes por aki un tempo pq ata o 22 de xaneiro non volvo pa Cardiff.
O dito: FELICES FESTAS A TOD@S!!
PD: foto deste 24 de decembro, nunha tradición recuperada q consiste en ir cantando polas casas de Cela (Bueu) unhas coplas de nadal, acompañado este canto por un ghaiteiro.
Por fin despois de 3 meses por terras galesas volvín a casa, q ben se durme na miña camiña! hehehe
Estiven 3 dias a pasear por Londres (uns 15km por dia) e claro, acabei mallado de tanto patear! Quen nos vira o ultimo dia debia d flipar, estabams andando como se fósemos uns zombies!! :D
E agora despois de chegado a casa hai q empezar a planear as festas, xa me deron por ahi o chivatazo dq ía haber unha foliada no SalaSon o venres 29, por fin poderei beillar un pouco!!
Por certo, q tamén supoño q irei polos ensaios de lembranzas e retrouso, q vos boto muito en falta!!;)
Pero weno, antes diso deben haber máis festas: mañá venres cea de clase, sabado por confirmar e domingo dia de Nadal... e por suposto, algun q outro furancho q me dixeron q xa habia muitos abertos! :)