Castiñeiras


Os Irmandinhos en InfoXove

Recibín hai unhas semanas a edición de novembro deste xornal, na imaxe de portada aparece unha batalla entre os mercenarios de Pimentel e os de cazarecompensas de Zúñiga (creo q eran estes os nomes, a verdade é q non me lembro ben).

Ahi vemos como aparece na portada Mª Esther!! uuh! A verdá q non se aprecia muito, pero se te fixas parece que está fozando na súa muñeca.

E é que cando nos golpeaban coa espada perdíamos unha vida, esas vidas as levabamos na muñeca en forma de cartonciños pequenos. Iso si, se che daban cun machado no canto de quitar un cartonciño tiñas q quitar dous! :S

Saudos!

PD: a revista InfoXove trae bastantes novas interesantes, ofertas de emprego, actividades... é unha revista gratuita creada pola Dirección Xeral de Xuventude. Se queres apuntarte namáis tes que encher este formulario e cada mes recibirás un novo exemplar.
Parrafeo (11) - Categoría: Utilidades - Publicado o 29-11-2007 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Picnik
Hoxe funme de Picnik seguindo a recomendación que hai tempo fixera Rubén.

Ta bastante chulo o programiña pra retocar as fotos, o único q boto un pouco en falta é que non chas garde directamente no seu directorio (e asi poder metelas aqui sen ter que pasar polo imageshack :P)

O programa é moi fácil de utilizar e deixache a opción de modificar de mil formas a imaxe que queiras. Está ben pra xente que se aburre un pouquiño jiji

En fin, que é todo un mundo de posibilidades por descubrir jeje

Saudos! ;)
Picnik - Editor de Imaxes
Parrafeo (3) - Categoría: Utilidades - Publicado o 27-11-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Método Catalán
Blogueando un pouco topeime con este artigo de Turonio, gustoume tanto a idea q o vou reproducir aqui ;)



É tempo de pasar á acción. Os cuitadiños son os que sen saber por que falan castelán nunha terra onde a nosa lingua é a propia. Xa está ben de tentar ser bos e non ofender a ninguén.

Traio de Catalunha unhas aprendizaxes que cando menos vou experimentar, a ver que resultado dan. Resulta que en Catalunha son mui formais e correctos e o máis que fan cando dis que non es daló é preguntar en perfecto castelán e con cara de superbueniños (imaxinade como o faría Buenafuente) "Me entiendes cuando hablo en catalán?" e só hai unha resposta instintiva posíbel ante unha pregunta tan cortés.

Pois ben, eu suxiro que esa arma tan amábel e doce ben vale para a nosa terra. Cada vez que vas a un bar e pides un café con leite e o camareiro pon cara rara e pregunta se é un café con leche en vez de cabrearnos, apoucarnos ou sorprendernos o que temos que facer é a famosa preguntiña "oh, disculpa, me entiendes cuando hablo gallego no?".

Primeiro: porque quedas la mar de bien.
Segundo: porque é altamente humillante preguntarlle a un galego por mui castelan que fale se entende o galego.
Terceiro: porque ademais xa non che vai dicir nada mais e chegas a un acordo para dicir que ti falas galego e el que faga o que queira.
Cuarto: ten un alto valor subersivo xa que a xente non ve nunca o conflito lingüístico e así queda expresamente citado.
Blog de Turonio
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Proximamente... Paintball

Dende a ACI se fixo un chamamento pra alistarse ó paintball. Quen queira apuntarse que nos avise ou que deixe un comentario no blog da ACI, depaso que vote por que pista é a que prefire.

Esta previsto ir ó campo de paintball o sábado, 1 de decembro á tardiña (á mañá igual hai un pouco de resaca pq hai xente q vai ó Intercampus).

En fin, que se tedes ánimos e queredes pasar unha boa tarde apuntarvos ó paintball!! ;)
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2007 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto
Como anunciamos na web da ACI, hoxe magosto na casa de Esther! Sede benvidos!

Haberá castañas e tempo pra xogar ós trompos ;)

Saudos!


PD: dame pena non ir ó enclave de gaita :(
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2007 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal