Castiñeiras


Visita ó Ikea de Oporto
Queda a só 7km do aeroporto de Matosinhos, moi sinxelo chegar alí (indicacións).

Fumos Laura máis eu comprar algúns mobles pro piso (si! NOS INDEPENDIZAMOS!!), e claro, o máis barato en mobles é o ikea jeje.

Era a primeira vez que ía por alí e quedei alucinado:
1º Paseamos durante un par de horas por todas as seccións dunha casa (sección cociña, baño, salón, nenos, dormitorio...)
2º Polo medio había "exemplos" de casas de 40m2, 55m2,...
3º Despois chegamos a un terceiro nivel onde había un almacén onde coller as pezas máis pequenas (telas, almohadas, lámpadas...)
4º O que máis me impresionou, un almacén do estilo onde gardan a Arca Perdida en Indiana Jones...

O malo é que hai tantas cousas que, ou vas a tiro fixo, ou acabas mercando máis cousas das que pensabas.

PD: volverei! ;)
Parrafeo (10) - Categoría: De ruta - Publicado o 27-10-2008 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
O castelán corre perigo de desaparecer en Galicia...


...ou iso é o que pensan algúns.

Onte mirei esta noticia en Chuza que me deixou sorprendido:

Nai descobre que nas galescolas falan galego !!!

Nai preocupadissima e agobiadissima porque na galescola o seu neno non é atendido en castelán. Imaxino que ficará horrorizada cando descobra que na Alianza Francesa as clases son en francés ... Non se perdan os comentarios, que responden con toda seriedade.


Son membros de Galicia Bilingüe, unha asociación na defensa do castelán, tan necesario en Galicia porque se están perdendo falantes en Galicia... que empanada mental teñen algúns!!
Parrafeo (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2008 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ryanair e as ofertas de voos baratos

Últimamente só voo con Ryanair, é difícil topar algunha outra compañía que ofreza prezos tan baratos...

Lémbrome de cando viaxaramos a Viena por 40€ (10€ por avión), aquilo si que fora unha gozada! ;)

O malo é que agora costa un webo topar estes voos baratos, antes inda era doado pero hai un tempo quitaron o "buscador de gangas" e pa topar un hai que estar mil horas buscando. Tiña ganas de darlle unha visita a Esther que está currando en Dublín, pero con estes prezos ta difícil.

E eu que pensaba que co do accidente de Spanair e con isto da crisis global ían baixar máis os prezos, qué iluso!

PD: de todos xeitos, pra visitar sitios mellor esperar a marzo que hai máis horas de luz ;)
Chegada a Viena (1ª parte)
Parrafeo (9) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-10-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (4ª parte)
Espertamos con ganas dun chapuzón polo porcos que estabamos...

Tratamos de facelo no lago Varese, pero cuadrou que había unha reserva natural onde non se podía bañar (pobriños os animais se o fixésemos! :P)

De ahí subimos ata o lago Lugano, outra vez volvemos entrar en Suiza e desta vez si nos bañamos neste lago:
Lugano


Continuamos cun paseiño pola cidade de Como (que lle da nome ó primeiro lago no que estivemos) e de ahi decidimos baixar xa pra Milán.

Costou un pouquiño topar un lugar céntrico onde aparcar, pero tivemos sorte pq ó ser domingo non había q pagar na zona azul.

Pronto chegamos á zona máis famosa: pisámoslle os collóns ó touro (tradición que da fortuna ou fertilidade) nas Galerías de Milán e despois paseamos arredor do Duomo di Milano, a famosa catedral.
GaleriasDuomo di milano


Non nos deixaron entrar nela pq as iamos bastante descamisados e non lles deixaron entrar con escote (...)

Coa mesma aburrímonos de Milán e decidimos liscar dalí: collemos rumbo a calquera lago e rematamos dándonos un chapuzón nun río cheo de sudamericanos (era raro escoitar falar castelán despois de tanto tempo). Era o río Adda e estabamos pegados ó Castelo di Cassano (entérome agora mirando en google que era un castelo jiji).

Ó final fumos ata Brescia a cear e a dar unha volta, case a voleo foi esta decisión. Resultou ser unha cidade preciosa!! Moi recomendable a visita :)

Ata aquí toda a viaxe foi xenial, despois de Brescia marchamos ata o aeroporto de Bérgamo onde maldurmimos.
Collemos o avión sen problemas ata Valencia, pero collemos moi xustos os seguintes billetes de Valencia a Oporto e o perdemos...:(
Resultado: tivemos que alquilar un coche e conducir 14horas (Valencia - Oporto - Casa).

Destas cousas se aprende :S

PD: se chegache ata aquí leendo... noraboa! debe ser un coñazo esta mini-guia que escribín :P
Viaxe a Italia (3ª parte)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (1ª parte)
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 12-10-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chove, venta e o barco parecía o dragón khan
Chove, venta e o barco parecía o dragón khan (by Rubén)



Detalle de Davila na camisola da dereita ;)
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal