Castiñeiras


A forza das mareas
Xa había tempo que quería conseguir estas fotos.

A darriba coa marea alta foi deste veran, era espectacular ver como o muelle desaparecía e as ondas pasaban por riba del case sen perder forza.

Dende aquela o resto de veces que pasei pola zona de Areamilla sempre me atopaba cunha marea a medias, non é o meu iso de mirar no periódico ou investigar cando será marea baixa.

Sen embargo, onte por fin! conseguín sacar unha foto coa marea baixa, ainda qnon estou seguro se é baixa de todo.

Ahi vos deixo as fotos do muelle e a praia da Congorza pra comparar.

Saudos!
Parrafeo (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2007 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Mortal Kombat
Sigo dicindo q o Davila é un crack pra isto das viñetas. Sae hoxe no Faro esta de "Mortal Kombat 8", e mira por onde, inda gardaba no meu ordenata outra versión q fixera anteriormente.

A primeira molárame máis, pero esta das vellas tp desmerece, quen non bota un sorriso ó imaxinar a súa avoa facendo posturas de karateka ;)



Esta viñeta creo q é de hai dous anos:



Saudos!
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2007 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co gif
Un amigho meu (Pintos) púxose a xogar cun gif q fixera hai algun tempo co motivo do incendio q ocorreu no Montecarrasco.

Desa imaxe currouse este gif q agora poño ;)



O único malo é q inda pesa bastante (1,25 megas)

Saudos!

PD: por certo, creo q o autor dos lumes esta preso ou internado nun centro psiquiatrico, a ver se é verda e non volve prantar máis lumes!
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2007 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Exército de Pedro Madruga
Aquí os que quedamos do exército de Pedro Madruga de Soutomaior antes da batalla final.

Gracias a tod@s por eses grandes momentos este fin de semana!



Saude!

PD: non me da a cabesa pa escribir máis, simplemente q as batallas foron muito mellor do q esperaba, nada q ver coa idea expandida dos xogadores de rol "paramos combate e tira dados a ver quen gaña" jeje.

Non, alí a ostia limpa!!
(e se ch daban quitabas un papeliño dos 5ou6 q tiñas nunha pulsera simulando vidas)

PD2: xa subirei máis fotos, agora teño o corpo destrozado, calquera movemento doe de tantas agujetas!
Irmandinhos: A Revolta
Parrafeo (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2007 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu un gran home...
...que nos aforrou moitos cartos.

Hoxe apareceu esta nova no xornal gratuito en galego de luns a venres:

"Falece Tony Ryan, o fundador de Ryanair.

O fundador da aeroliña de voos económicos Ryanair, o irlandés Anthony Ryan, faleceu onte aos 71 anos no seu domicilio de Kildare, ao sur de Dublín, tras unha longa enfermidade. Ademais de estar considerado unha das figuras máis influentes da historia da aviación irlandesa, Ryan era tamén unha das persoas máis ricas da illa.
"

Descanse en paz, muitas gracias por tantos voos baratos! ;)
de luns a venres
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2007 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal