|
|
|
|
| Viaxe a Amsterdam |
|
Xa de volta da viaxe express.
Pasámolo xenial en Amsterdam a pesar de estar alí só o venres á noite e o sábado enteiro.
Venres: saimos ás 19h de Oporto e chegamos a Amsterda á unha da madrugada (nun Renault Space dende Charleroi, Bruselas).
Pequena volta por Amsterdam e de volta pro hostal Barbacan (algo lonxe do centro pero limpo e sen problemas).
Sábado: ás 8.30 xa estamos tomando un contundente almorzo pra agantar a camiñata que nos esperaba. Comezamos na zona dos museos: Rijksmuseum, Museo Van Gogh...
E continuamos camiño polo centro de Amsterdam entre canais, coffee shops, a casa de Ana Frank, a praza Dam...
Curiosidade: nos Coffee Shops só che deixan fumar maría, está prohibido fumar tabaco. Teñen unha carta como a dos bares normais e ti podes mercar os gramos do tipo de maría que queiras xD
Incidente: o sentarnos nun bar deixei a mochila entre os pés, ó sair olvideina. Un minuto despois nos demos conta dq non a tiñamos e volvemos ata o bar... xa non estaba :( Roubáronnos as gafas de Laura e miñas, a cartera de Laura... mala experiencia para aprender a ter máis coidado e menos olvidos.
En fin, unha visita moi interesante sobretodo pra vivir o dos Coffee Shops e pasear polos canais, pero é unha cidade que podes visitar en moi pouco tempo. |
|
|
|
|
| Escapada a Amsterdam |
|

E como xa comentara ahí atrás...
mañá imos a Amsterdam! :D
O domingo estamos de volta, pero nos dará pra facer algo de turismo a uns poucos aventureros: museo Van Gogh, barrio rojo...
Xa porei fotos por aquí :) |
|
|
|
|
| Contador de cadaleitos. ¿Pararán algún día? |
|
Contador de cadaleitos.
Acabo de atoparme con esa curiosa páxina na que de forma moi gráfica (cadaleito por persoa morta tendo en conta os datos da BBC) se pon de manifesto o desmesurado uso da forza por parte de Israel.
Os números actuais (17/01/2009):
Israel: 13 mortos
Palestina: 1200 mortos
Esperemos que remate dunha vez todo isto. |
|
|
|
|
| Curiosidades sobre videoxogos |
|
Interesante artigo con 20 anécdotas frikis e interesantes sobre videoxogos.
Algunhas que me chamaron a atención foron que unha mansión tiña 1890 habitacións; no Lego Star Wars podes xogar con 1millón de personaxes; só 5 persoas conseguiron a máxima puntuación no PacMan (comecocos); tes que ter unha escaleira pra xogar á máquina recreativa máis grande do mundo...
Visto en: kelolon.com |
|
|
|
|
| Mans pintadas |
|
Hoxe recibín un correo en cadena coas seguintes imaxes, son mans pintadas... incrible o que se pode facer con paciencia e moito arte!!
|
|
|
|
|
|
|
|