Castiñeiras


Xirando á dereita...


Xenial Davila coma sempre (no Faro de hoxe) facendo referencia á non inclusión de Gallardón nas listas.

As veces atopo extraño q non lle censuren certas viñetas, espero q siga así! :D
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Planificación das vacacións
Hai uns días púxenme a ver o calendario laboral deste ano, a verda q se bota de menos ser estudiante cando pensas en cómo se reducen as vacacións...

Nesta investigación dos festivos do 2008 en Galicia atopeime cunha sorpresiña moi grata: a Semana Santa pódese disfrutar case completa! Resulta q o mércores 19 de marzo é o día do pai (festivo en Galicia) e os seguintes 20 e 21 son xoves e venres santos, tamén festivos. Co cal nos quedan 5 días estupendos pra poder ir de vacacións jeje
Unha vez atopado este filón, púxenme a ver Ryanair (despois das viaxes a Cardiff xa tou acostumado a buscar as gangas, e este portal é un dos q se atopan os mellores voos) e atopei un voo de ida e volta (Oporto-Bristol cidade cercana a Cardiff) por 75€, non é alá moi barato, pero pra o que é tampouco é caro.

Unha vez chegados a Cardiff xa quedamos con ex-compañeiros de alá, a verdá que despois de pasar un ano alí estudiando bótase algo en falta o volver...

Iso sí, ó non ter q pagar aloxamento espero q o gasto total non sexa superior a 200€...

E vos que? A que esperades pra viaxar? :P
Parrafeo (8) - Categoría: De ruta - Publicado o 18-01-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Sen vapor de Cangas
Coma todos os días tocoume ir a traballar a Vigo. E coma muitos outros a mellor opción é coller vapor, pois o meu traballo atópase ben preto do porto.

En fin, o q vos ía comentar...

un temporal de tres pares de collóns!!!


Weno, en realidade non foi pa tanto, de feito pra min sería como unha viaxe calquera senon fose pq me atopei co Ghaiteiro de Lapamán e me dixo cando xa estabamos no barco:

"Chamei ós de Mar de Ons, non hai barcos dende ás 11 e este das 19.30 é o primeiro"

E claro, algo se notaba q era o primeiro, pois as ondas non se van dun momento a outro. De feito había algún que outro meneito gracioso q emulaba ó Dragon Kan.

En fin, que si, que nos cobran pouco os do vapor, deberían cobrarnos máis por este tipo de atraccións... ;)

Saudos!

PD: si, o da foto é algo esaxerado jiji
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2008 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Utilidades
Xa levo algún tempo escribindo sobre cousas útiles das que fago uso habitualmente.

Que si un programiña online(o Picnik) q serve pra modificar fotos; como conseguir información gratuita a través da revista InfoXove; un completo notificador de emails; unha explicación de cómo fixen pra conseguir un móvil gratis e tamén unha web q utilizo pra poder enviar sms gratis...

Como xa ian sendo bastantes cousiñas decidín q podía ser boa hora pra crearlle a súa propia categoría (Utilidades) na que seguirei escribindo acerca de todas estas cousiñas útiles q manexo e q penso q tamén poden ser útiles pra todos vos.

Un saudo!

PD: parece q hoxe non fun o único q decidiu abrir categoría jiji
Parrafeo (3) - Categoría: Utilidades - Publicado o 13-01-2008 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicacións e tranportes en Galicia
Navegando un pouquiño atopei este video subido no blog de eutamenavegar.
A verdade é q unha das cousas q nos faltan aqui son boas comunicacións, inda queda muito pra que as cousas melloren.



De todos xeitos sempre hai formas de moverse (ainda q non sexa de diario). Acabamos de pillar uns voos para Porto-Girona-Viena por 40€ con ryanair, tenche cada oferta.. :P

Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 10-01-2008 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal