|
|
|
|
| Mañá serei Cigarrón! |
|
Gracias a Benito este venres 1 de febreiro poderei gozar durante unhas horas coa sensación de ser un Cigarrón.
Será no colexio Miralba de Vigo, alí estarei con parte da familia Salgado q tan amablemente me deixou participar desa festa ;)
Din os q o probaron q o traxe pesa a dolor, sobretodo as chocas! Ademais seica apretan muitísimo as faixas... xa contarei a sensación...
O mellor será o darlle latigazos ós rapaces! :P
O ano pasado pasáramolo en grande no entroido de Verín, muita festa nos dous únicos días q estivemos.
Unha pena q este ano non fóramos de volta, pero pa outro ano se intentará ;)
Saudos!
|
|
|
|
|
| Videos de Manzaneda |
|
Aquí vos deixo dous dos vídeos q máis gracia me fan deste sábado en Manzaneda...
Xa temos ganas de volver pa crear un iglú máis grande! ;)
Saindo do iglú:
Esther en misión imposible:
|
|
|
|
|
| Manzaneda |
|
Levantarse a iso das 5 pra sair de Vigo ás 6. Sabíamos q non había moita neve alá en Manzaneda, pero nos quixemos arriesgar a ir igual.
Os 8 intrépidos membros da ACI chegamos a Manzaneda a iso das 8.30/9. Era certo q non había moita neve pra práctica do ski, pero a nosa idea era máis simple: aproveitar as baixadas xeadas e tirarnos enriba das 4 tablas de body e dos plásticos q levábamos.
Mercaron un trineo Borja e Lucy, e a Laura se lle ocorreu a idea de unir varias táboas de body pra facer o descenso xuntos... q show 8 baixando en modo tren!
Ó principio estivemos sós, ó lado da pista de principiantes. Alí tivemos uns bos piques de a ver quen ia máis rápido nas táboas, mais tamén tivemos unhas boas mazaduras...
A iso das dez e algo empezaron a chegar familias e a meterse na nosa pista (unha das poucas q había pa tirarse con trineos), así q coa mesma decidimos camiñar un pouco a ver se topábamos un sitio mellor e menos concurrido.
E non tivemos q andar moito pra topalo, seica era unha pista de fondo, inda q non tiña suficiente neve jeje.
Os descensos cos plásticos eran algo perigosos, pois xusto cando remataba a costa abaixo emerxían arbustos e pedras... pero non tivemos que sufrir ningunha baixa no equipo da ACI ;)
Pra rematar o día fixemos un par de bonecos de neve (q raro!), e Borja, Iago máis eu nos dedicamos a montar un iglú... a ver se o subo en video mañá ;)
En resumo: non fai falla moita neve pra pasalo ben, senon un bo grupo de amigos!! |
|
|
|
|
| Apoio á Cultura |
|
Moi en resumidas contas, o que penso que está a acontecer con Isaac Díaz Pardo é que se están impoñendo os intereses económicos ós culturais.
Básicamente a nova directiva de Sargadelos acusaba a Díaz Pardo de "prexudicar o futuro da empresa" e de ter "estragado millóns de euros".
Pola outra banda, Isaac Díaz Pardo criticaba que "o único que queren son os cartos".
Como din no manifesto O Castro-Sargadelos: Patrimonio da Galiza:
"O complexo “O Castro-Sargadelos” é o resultado dun insólito proceso de creación colectiva inspirado, propulsado e catalizado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. Encetouno Isaac hai máis de medio século. Hoxe constitúe un Patrimonio cultural da Galiza enteira.".
En fin, dende aquí todo o meu APOIO A DIAZ PARDO! |
|
|
|
|
| Danza de Aldán |
|
Onte domingo foi o día de San Sebastián. Como cada ano nesta data celébrase en Aldán unha das tres danzas ancestrais de Cangas (xunto coa de Hío e a de Darbo).
Ó igual cas outras tres, a Danza de Aldán está composta por tres filas de cinco danzantes e un guía. No caso da Danza de Hío só bailan homes e os da fila do medio van vestidos de pelegríns. Neste aspecto a danza de Aldán asemellase muito á de Darbo por estar composta por dez galáns, cinco damas (con vistosos gorros de flores) e un guía.
Era a primeira vez q miraba esta danza. Gustoume algo máis que a do Hío, pero algo menos que a de Darbo. Iso si, moi ben os danzantes, todos cunha pedazo sonrisa no rostro desas que gusta ver e trasmiten felicidade!
Deron a volta a igrexa danzando cara atrás, mirando cara a Virxe do Carme e cara San Sebastián. Unha horiña ou case tocando e bailando sen parar, iso é aguante! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|