Castiñeiras


Amistades Pelighrosas

Mirade q cheiña de merda está unha das ventás da esquina de abaixo á dereita... esa fiestra é a dun compañeiro meu de piso. Fixádevos ben, a ver se descubrides cal é a fiestra da miña habitación :D

Pois o das amistades pelighrosas vai pq os q lle botaron toda esa merda (maionesa, fariña, laranxas esmagadas, ovos escachados, salsas varias...) son os seus colegas e..., non sei, teñen a coña esa de emporcarlle a fiestra xDDD
Image Hosted by ImageShack.us . . . Image Hosted by ImageShack.us

Estes inghleses... pero weno, iso non é o peor de todo, o peor de todo é q o chiño pensa nin de coña en limpalo:

- Xa viran eles a limparmo ou senon xa o limpará a señora da limpieza.

Por certo q na foto dende o interior podese apreciar mellor a porcalla. Meu compañeiro de piso (q non direi o nome por razóns obvias) está utilizando o secador de pelo pra tratar de limpar un pouco a fariña (...)

É unha coña o limpos q son!!

Saude e limpeza!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2007 04:48
# Ligazón permanente a este artigo
Queixo de San Simón
i eu pensando q era queixo de Tetilla... menos mal q despois me explicaron q seica, a diferencia entre o queixo de San Simón e o de Tetilla é q este último é máis fresco e non está tan curado como o de San Simón. Inda así, a forma tena igual jeje.

Como era máis fácil de transportar pillei o de San Simón e estes últimos días dimos boa conta del, iso sí, acompañado duns chouriciños da terra (como non?) ;)
Image Hosted by ImageShack.us


Poucas cousas fixemos aqui estes días, hoxe foi o noso primeiro día de clase deste segundo cuatrimestre, ó mesmo tempo tivemos q entregar un traballo...

Quedan por entregar 3 traballos máis antes dos carnavais e un despois. A verda q non teño queixa xa q non son moi complicados, e aparte diso, non hai muito máis q facer por aqui :P

Por suposto, tamén dimos boa conta do licor café, queda pouco máis dunha botella de litro e medio. Todo serve pra calmar a morriña :)

Aparte diso por fin Rubén (ghaiteiro de Lapamán) se dignou a darlle un retoque á web de Retrouso, quedou unha cousiña simple e bastante chula, anque pouco vai durar pq seica meu primo está preparando o lanzamento dun novo blog na blogoteca para q podamos utilizar os compoñentes do grhupo :)

Por outra banda aparece unha noticia na web das Rías Baixas (.net) sobre min. Pero trankilos, non é q me volvese famoso nin q o meu blog teña unha incrible repercusión mediatica ou social(q molaría :P) senón q coñezo a quen está levando esa páxina e se lle deu por ahi xD
Quen será??

Veña, pronto máis novas.

Saude e terra!
Retrouso
Rías Baixas
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2007 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Onte acabou a miña época de exames...
...e tamén comezara onte! :)
Pois si, unha sorte q só tiña un exame chamado "Business Ethics", a verda q creo q con calquera chafallada q escribas aprobas pq as ideas sobre a etica empresarial destes ingleses deixa muito q desexar.

Exemplo dunha clase:
Profe: q opinion moral vos merece unha empresa q contamine un rio?
Alumnos: da igual, é un rio.
P: e se unha persoa pesca e se contamina co peixe envelenado?
A: pois se pon un cartel q prohiba pescar.
P: e se alguén se baña no rio contaminado?
A: ponse un cartel q prohiba bañarse.
(...)

"Ós seres vivos q habitan nos ríos q lles den!"

pero a onde imos asi?? xDDD

Onte á noite antes do examen tivemos reunion pa meditar na cociña. A un amigho meu se lle deu por mercar un coco e comemolo onte.

Aqui vos deixo un par de fotos de como Rich o abriu ;)
Image Hosted by ImageShack.usImage Hosted by ImageShack.us
Saude e terra!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2007 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
De volta en Cardiff
Xa ia sendo hora de rematar as vacacións, sentou ben ese mes en casiña :)

O malo é q a xente non paraba de preguntar: "Pero inda stas aqui?!?"

Pois na, a viaxe foi longa (sair de casa ás 7.30 da mañá e chegar a Cardiff ás 23.30), pero non stivo mal.

O malo foi ter q esperar en Londres 4horas e media coas maletas, pero rapido fixemos unha acampada nun local e ali nos kedamos tomando unhas pintas :)

Por certo, miña cociña sigue tan espléndida coma sempre! Podedelo apreciar na foto..

Saude e terra!
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2007 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ultimo finde por casa...
Empeza o último finde q vou pasar en casa, poño o de en casa en cursiva pq a miña casa será onde menos tempo pase :P

Hoxe venres festa na casa de Esther de Cela, alí non pode faltar o likor kafé nin a festa!

O dia seguinte se hai animos irei de mañá ós ensaios de baile en Cela (uf!); e á tarde ós ensaios de Lembranzas da Ría.

Meche actúa o sábado cun grupo de bailadores/as e músicos asociados á música tradicional galega procedentes de todo o pais.

O grupo é o GS21 e presentan o espectáculo ISOLMA maña sábado, día 20 de Xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:30 h.

Alí estaremos pra velo, e se hai sorte, pra facer festa ó rematar o espectaculo, cousa q non sería rara estando tanta xente vinculada á musica no mesmo sitio...:)
Image Hosted by ImageShack.us

O domingo tocará preparar a maleta pois o 22 marcho de volta pra Cardiff, xa continuarei co blog algun dia destes ;)

Saude!
Manis dixital
GS21
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 19-01-2007 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal