Castiñeiras


Viaxe a Italia (3ª parte)
Como dicía, a mañá seguinte despois de durmir no Val de Verzasca nos puxemos rapidamente en pé pra evitar que os donos da casa nos dixeran algo...

Avanzamos cara o sur pola veira oeste do Lago Maggiore, paramos en Locarno (foto do castelo) e Ascona,cidades suizas nas q botamos boa parte da mañá. En Locarno demos un paseo polo centro e despois subimos ata Madonna del Sasso (Virxe da Rocha), unha iglesia moi chula no alto con vistas ó lago.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

E despois tira-millas pola costa facendo moi poucas paradas (o castelo de Cannero na foto foi unha delas).

Como non dábamos topado un sitio chulo pra bañarse no Lago Maggiore decidimos desviarnos e ir ata o Lago Mergozzo, unha maravilla! xunto co Lago Piano os mellores desta viaxe :D O gracioso é q a "praia" de cantos rodados tiña socorristas! igual os cambios na marea ou as ondas facian peligrar a vida dos bañistas...
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Despois deste baño paramos na vila de Stresa, dende onde se facían cruceros polas illas cercanas. Tivemos bastante sorte, ó chegar alí pensabamos q só había cruceros de 13-15€ e 5min despois estabamos nunha barquiña sós navegando (por só 5€) arredor da Isola Bella e parando unha hora pra visitar as rúas da Isola dei Pescatore.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Despois diso inda nos deu tempo a visitar outro castelo máis en Somma Lombardo, e de ahí desesperados buscando un laño onde acampar.
Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Chegamos preto de Arsago Seprio buscando onde acampar. Os mosquitos fixéronnos recuar dun par de sitios e finalmente, enchémonos de valor, dun spray anti-mosquitos que tiña Esther, e de sudaderas con capucha e nos dispuxemos a montar a tenda. Malditos mosquitos!! Era o sitio máis alonxado dos lagos no que durmiramos e o que máis mosquitos atopamos! En fin, como todas as noites, unha cea rápida e a durmir pq estabamos esgotados ;)

PD: inda queda unha cuarta e última entrega... pero este xoves marcho 5 días a Paris con Laura, polo que terá que esperar ;)
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-09-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 E agora marchas a Paris?? ohhhH que sorte tes!!! bueno, que as fotos a ver se c#blgtk08#has mando un día de estos... que ando dun vago... bueno... ti xa me coñeces :P
Parrafeo de Enmeigada (16-09-2008 16:19)
2 Que lindo viaje hicieron !!!y ahora van a Paris ?,que belleza !!!Cuando se casen a donde irán de luna de miel ?ya conocen tantos#blgtk08# lugares !.Veo que a Laura le gusta viajar como a tí,los felicito,ustedes si qe aprovechan cada día al máximo.Un beso a los dos.
Parrafeo de Maria Isabel (19-09-2008 18:11)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal