Castiñeiras


Viaxe a Italia (2ª parte)
A mañá seguinte todos tiñamos ganas doutro baño. Seguimos pola beira do lago Como ata chegar a Menaggio. Ahí foi onde nos despedimos do lago pra poñer rumbo a Suiza.

Antes de cruzar a fronteira paramos no lago Piano. É un laguiño pequeno precioso. Collemos o coche e o baixamos ata o mesmo lago onde había unha zona de baño (praia de pedras e un pequeno muelle de madeira) na que había un sinal ben visible que dicia "prohibido aparcar".

Fixemos caso omiso e deixamos alí o coche. Todos os bañistas e "guiris" dun camping q había alí quedáronse mirando con cara chunga pero pasamos deles. Total, pra darse un chapuzón...

Alí estivemos un ratiño, o lago era xenial e moi verde. O segundo da miña lista nesta viaxe :)

E así chegamos a Lugano. Dimos un paseo pola beira do lago do mesmo nome. Algunhas fotiños, subimos ata a catedral e mercamos chocolate! jiji

Despois nos decidimos subir ó monte Bré nun funicular: gran erro!! Foi unha timada, cobráronnos 14€ por subir ó monte. E nin no cumio nin no funicular había boas vistas! Había algunhas casas privadas e claro, acabamos colándonos nas terrazas privadas (foto con Laura) dende os que ter boas vistas :)

Despois de Lugano puxemos rumbo a Bellinzona. Cidade capital do cantón do sur de Suiza coa que quedamos abraiados, visita totalmente recomendada! Aparcamos o coche preto do castelo que hai no centro da cidade, dende ese castelo podíanse ver dous máis a distintos niveis, xenial! (foto)

Visitamos os outros dous castelos facendo "cheddaring" (nome que lle damos ás visitas express dende que visitamos Cheddar), e rápidamente tirando pro lago Maggiore a buscar onde acampar.

Metémonos dirección o Val de Verzasca, seguimos camiño parriba pasando por un pobiño ata o final da estrada. Alí había unha ruta de senderismo, aparcamos, collemos as moxilas e a buscar! Acabamos nunha finca privada dunha casa q semellaba deshabitada (ó lado deste embalse).

Igual q a noite anterior sen problemas. Iso sí, polas noites estabamos rebentados: ó pouco tempo de cear xa estabamos planchando a orella. E á mañá seguinte... rápidamente en pé por se viñan os donos da casa! :P

Continuará...
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 09-08-2008 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Parrafeo(s)
1 Muy lindo viaje divertido,fueron arriesgados pero todo les salió mu#blgtk08#y bien.Muy bonitos los lugares por donde estuvieron,felicitaciones.
Parrafeo de Maria Isabel (10-08-2008 22:11)
2 Ola!

Xa che mandei un mail co link para #blgtk08#o megaupload con todas a fotos. Recibiches o meu mail?
Parrafeo de Mª Esther (11-08-2008 20:25)
3 Gracias, tampouco era tan arriscado. Estivo xenial!#blgtk08#

Xa están recibidas, gracias esther!
Parrafeo de castinheiras (12-08-2008 11:17)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal