Castiñeiras


Viaxe a Italia (1ª parte)
Comezo co resumo da viaxe:
Madrugamos e deixamos o coche no aeroporto de Porto (aparcamento P4 q era o máis barato, 30€ os 5días).

A iso das dúas xa estabamos en Bérgamo metidos nun Fiat Punto Grande (alquilado á compañía National, 4 días por 180€). Fixemos "tetris" pra que as maletas cuperan no maletero e comezamos a ruta en dirección ó Lago di Como.

A verdade é q teñen mala fama de conductores os italianos, pero non vimos ningunha cafrada exagerada... :P

Ao chegar ó lago di Como xa non pudemos resistir a tentación e nos demos o primeiro baño no lago (máis tarde nos demos conta que non era o Lago di Como senon un que había antes, o enlace lévamos ó mapa :P). A verdade é q era un sitio moi cutre, pero weno, pra darse un chapuzón e refrescarse cheghaba ;)

Despois dese baño comemos e paseamos pola cidade de Lecco. Moi chula, nesa parte da viaxe xa comezabamos a abraiarnos coas montañas e as vistas dos lagos.

Continuamos todo pola beira oeste do lago di Como, facendo pequenas paradas pra sacar fotos e ver a paixase. Tamén paramos e paseamos en Varenna, onde nos demos o segundo baño ;) (foto)


Despois deste primeiro día de viaxe o redor do lago só nos faltaba topar onde durmir (pos q non o sabíades, levabamos a tenda e iamos durmir de monte).

Ás 9.30 se facía de noite, polo que unha hora antes comezamos a buscar. O malo do lago di Como é que está entre montañas bastante inclinadas, co que case non hai posibilidade de "tirar po monte".

Metémonos nunha desas poucas estradas que subía pro monte e despois de dar mil voltas, subir medio monte chegamos ata onde remataba a estrada. Saimos do coche e investigamos o lugar. Non era un sitio moi bo (algo inclinado), pero visto que estaba a piques de escurecer decidimos acampar. Por certo, estabamos na vila de Musso jeje.

Na foto podedes ver o ben camuflada que estaba a tenda :) E na seguinte foto as vistas á mañá seguinte cerca de onde estabamos acampados.


O final a noite xenial, non tivemos case queixa, ainda que algunha que outra tiña medo e escoitaba pasos. Unha cousa que si foi certa é que Laura escoitou como un xabarín pequecho se acercou á tenda :P

Visto o visto, este "resumo" non cabe nun só artigo, xa seguirei escribindo :)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 03-08-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Parrafeo(s)
1 Muy lindo todo,s#blgtk08#eguiré mirando.
Parrafeo de Maria Isabel (04-08-2008 22:53)
2 que ganas de pegarme eu u#blgtk08#nha viaxe así!! un bico!
Parrafeo de Enmeigada (06-08-2008 14:50)
3 Moi bo resumo da viaxe!!!! Flipa!!!!!! Arranxei a miña camara!!!! Un dos franceses da miña dixome deixame fozar, empezou, fixo algo, pero non conseguiu nada. Despois andei#blgtk08# eu a fozar nela e AMAÑEINA!!!!

Ahora podo sacar fotos, e a pantalla tamen funciouna anq cun raia diagonal negra, pero... IT´S OKKKKK!!!
:)))))))))
Parrafeo de Mª Esther (07-08-2008 00:42)
4 si??
q safada!! q ben! :D

a raia diagonal é moi grande?? a #blgtk08#ver se non é muito.

por certo, a ver cando nos pasas as fotos! :P
Parrafeo de castinheiras (07-08-2008 09:17)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal