Castiñeiras


Viena (3ª parte)
E sigo contando... ;)

Unha vez rematada a visita matutina ós palacios dedicamos a tarde a recorrer o centro de Viena, pra iso nos guiamos por un planiño q nos deran no hostal, pero tmn polo google earth, unha ferramenta moi útil. Se te guías pola nube de puntos (fotos q colga a xente) que aparecen no google earth, seguramente acertarás cunha zona moi chula pra visitar.

E así foi, o de abaixo da imaxe do google earth é o edificio da Ópera, máis adiante os museos de historia da arte e de ciencias, ó lado o pazo de Hofburg e o Museo Albertina...

Seguimos andando e admirando estes maxestuosos edificios cando nos topamos co Parlamento. Que pouco aforraron nel!

E o Concello ainda máis chulo.. diante do concello había unha praza enorme con xardíns e árbores, pero o q máis nos chamou a atención é q había unha pista de patinaxe sobre xeo que ia todo o redor e facendo un percorrido dentro da praza, moi curioso...

Engado unha foto que topei, da pista de patinaxe que había diante do concello. Así vos faredes unha mellor idea de como era (eu pa describir...)


E seguimos, e seguimos... enfrente do concello o Burg Teatre, ó lado a universidade... todos edificios grandiosos. Cando rematamos este percorrido estabamos xa mallados. O q fixemos foi coller un tranvía circular q nos levaba xusto por onde acababamos de pasar... xenial!

E así seguimos visitando algún q outro sitio máis antes de irnos pro hostal. A idea era ir ó día seguinte ata o Danubio e visitar o q nos quedara por ver da cidade. Tomamos algo pola noite, bastante de tranquis... e a madrugar o domingo ;)




Despois de cruzar o Danubio nos atopamos cunha iglesia preciosa, investigando un pouco atopei que é a Franz von Assisi Kirche, a igrexa de San Francisco de Asís... pero parecía máis unha catedral, ou como dicía Borja "unha maravilla dos teutóns no xogo do Age of Empires" ;)

Chegando ó centro nos dividimos, Borja e Lucy quedaron a ver un par de museos (xoias da corona, museo de historia natural, tomar un pouco de tarta sacher.. jeje) mentres q Esther, Laura e eu fomos ata o Hundertwasserhaus, unhas casas rarísimas e moi chulas, un artista o arquitecto q era medio okupa :)

Antes de recoller as mochilas do hostal (deixáramolas nunha sala especial pra iso chamada "left luggage" pra non ter q cargar con elas), fomos comer ó centro de Viena. Alí probamos unhas deliciosas salchichas nun mercado ó aire libre do centro. Bueno, a decir verdade unha delas non estaba nada rica.. :P

E coa mesma partimos a Bratislava ás 5 e algo da tarde-noite. Vou facer este artigo algo máis longo senon non remato nunca :P




Chegamos a iso das 7 e nos diriximos directamente ó hostal Possonium que estaba pegado á estación de trens. Non era un hostal moi malo, pero como viñamos do de Viena q era moi bo... a recepcionista mui lenta e esperamos un cuarto de hora pra poder entrar esperando a q nos collera os datos, a habitación muito máis pequena, e inda por riba pagamos máis q o hostal de Viena...

Unha vez deixamos as mochilas na habitación fomos darlle unha visita nocturna ó centro da cidade. Pra ser unha capital decepciona bastante, e non era tan barata como se podía esperar, pero a verdade é q eu pensei q ia ser peor :P

Fixemos o recorrido guiados (outra vez) por un plano q colleramos no aeroporto. Nunha hora xa tiñamos ventilada a capital, menos o castelo q como estaba no alto o deixamos pro día seguinte.

A visita ó castelo da mañá seguinte decepcionou muito. É un deses pra ver só de lonxe, pois de cerca parece un edificio vello moi chungo (tipo edificio das aforas no q viven centos de persoas apretujadas..). E as vistas ó Danubio... weno,tp eran nada do outro mundo.

Coa mesma despois de pasar polo mercado e darlle outra voltiña polo centro ás 11 e pico collemos un bus cara o aeroporto. Gastamos as nosas últimas coronas eslovacas alí (eu máis q nada merquei chocolate jiji). Ás 2 voamos ata Girona, despois dunhas horas esperando neste aeroporto e coller outro voo chegamos a iso das 9 a Porto. En fin, ás 11 da noite do luns estabamos xa en Cangas, unha finde moi ben aproveitada!! :D

Calquera consello que queirades só tendes que preguntar, a ver se me sorprendedes e alguén dos que leedes facedes viaxes deste estilo ;)

PD: Nuns días a galería de fotos...
Viaxe a Viena pagada con Es-Facil!!
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 15-03-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Parrafeo(s)
1 Engancheime a leer o que visitastedes na vosa viaxe, non por ser cotilla eh? non vaias #blgtk08#a pensar, senón porque espero algún día poder facer viaxes coma esa!! Bueno un bico ;)
Parrafeo de enmeigada (15-03-2008 15:19)
2 Engancheime a leer o que visitastedes na vosa viaxe, non por ser cotilla eh? non vaias #blgtk08#a pensar, senón porque espero algún día poder facer viaxes coma esa!! Bueno un bico ;)
Parrafeo de enmeigada (15-03-2008 15:20)
3 Me enganché con las notas de tu viaje,la verdad completisimo y muy bien explicado.Te habrá parecido que estuviste mas tiempo ? no .Hicieron tantas cosas que un#blgtk08# Rey en la antiguedad habria tardado meses!!!
Que bueno vivir en esta epoca.Desde la distancia disfruto yo tambien de lo que han conocido.Besos.
Parrafeo de Maria Isabel (15-03-2008 20:10)
4 Gracias! alégrome dq vos guste :)
A verdá q si, pareceu q botamos máis tempo do q en realidade foi...

Hai q aproveitar mentres se poida pra facer viaxes deste estilo (a ver cando o#blgtk08# fas ti tmn enmeigada jiji)

E máis adiante... a visitar as terras de Maria Isabel, inda q xa teño dito, pra cruzar o charco fan falta muitos máis cartos :P

Saudos!
Parrafeo de castinheiras (16-03-2008 13:13)
5 So de acordarme cansome...
#blgtk08#/> A ver a proxima pa cando.
Parrafeo de Borja (16-03-2008 14:05)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal