Castiñeiras


Visita a Viena (2ª parte)
Como vos comentaba no artigo anterior, o sábado quixemos madrugar pra aproveitar ben o día. A iso das 6 e pouco xa estabamos en pé, tardamos algo entre desperezarnos, mercar comida no super e coller o metro, pero a iso das 8 e pouco xa estabamos no primeiro dos palacios que visitamos, o Palacio de Schönbrunn.

Pagamos o ticket do Imperial Tour (9,5eurazos) e comezamos a visita ó interior do pazo. Entre outras cousas visitamos estancias nas que habitara a raiña Sisi, a sala dos espellos onde Mozart deu o seu primeiro concerto, a sala de baile onde Laura máis eu bailamos un vals... ;)

Unha vez rematamos coa visita ó interior saimos ó exterior a pasear polos xardíns. Este pazo é coñecido como o Versalles de Viena polos seus xardíns.
Alí nos dividimos: por un lado Borja, Lucy e Esther foron ata o zoo; e polo outro Laura e máis eu lle demos unha volta a todos os xardíns.

A verdade é que os xardíns (e en xeral toda Viena) non son pra visitar nesta época do ano. Alí inda non chegara a primavera e a vexetación estaba moi pouco verde. Quedei coas ganas de volver, non sei se máis durante o inverno (pra ver Viena nebada) ou durante o verán pra poder apreciar mellor os xardíns e as fontes.

Polo medio dos xardíns atopámonos con varios esquios (ahi vedes na foto como se lle achegou un a Laura). Finalmente quedamos na parte alta dos xardíns onde hai unha especie de porta do sol/glorieta dende a que hai unhas vistas preciosas de todo o xardín co palacio ó fondo.

Eran as 11 e media ou 12 cando saimos do palacio, a esas alturas estabamos mallados pero tiramos de RACE (Redbull de Austria) e fomos ata o Palacio de Belvedere. Este palacio a min me soaba muito máis q o anterior, pero só de oidas. Cando chegamos a el nos sentamos nun banco dos xardíns dende o que se contemplaban os xardíns e o palacio e fixemos unha parada pra comer.

Unha vez comidos subimos ata o palacio. Había que pagar pra entrar a ver unha exposición de cuadros, pero na guía recomendaban só unha sala con catro columnas centrais nas que estaban esculpidos catro Atlas ou Hércules que simulaban soster o peso da sala superior.

Eran menos das dúas cando xa visitaramos os dous palacios que eran visita obligada en Viena. Inda nos quedaba toda a tarde e todo o domingo pra visitar o centro de Viena. Pero weno, iso xa o escribo mañá que por hoxe xa chega ;)
Viaxe a Viena (3ª parte)
Parrafeo (8) - Categoría: De ruta - Publicado o 13-03-2008 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Parrafeo(s)
1 Que conste; nos fomos os primeiros en bailar o bals#blgtk08# na sala real e nos copiastedes :D

Parrafeo de Borja (13-03-2008 14:49)
2 Pode ser, pode ser...
Pero weno, ba#blgtk08#ilamos na sala de baile q é o q importa ;)
Parrafeo de castinheiras (13-03-2008 14:54)
3 Que hermoso y romántico(en semejante lugar bailar el vals).El salon parece realmente la sala de los espejos en versalles.La#blgtk08#s columnas ,son de ensueño.Muy bonito todo,den gracias a Dios que les permitió hacer tan lindo viaje.Bicos..sigo mirando...
Parrafeo de Maria Isabel (13-03-2008 18:52)
4 Jo que bunito... eu tamén quería..#blgtk08# alegrome que o pasarades tan ben
Parrafeo de Ireniña (13-03-2008 22:40)
5 si!! di que non escribes para facernos rabiar :P!!! sabes que é broma!! #blgtk08#jo pero que bonita a viaxe!!! ohhhh eu tamén quero ir... un biquiño! ;)
Parrafeo de Enmeigada (14-03-2008 13:01)
6 Nooo!non é por facer rabiar, é pra ensinarvos qu#blgtk08#e calquera pode facelo ;)

bikos!
Parrafeo de castinheiras (14-03-2008 13:03)
7 se xa sei ohhh!!! :P bufff eu tamén quería visitar tantos sitos...#blgtk08# a ver se cando comece a traballar enserio. jeje. Un bico!
Parrafeo de enmeigada (14-03-2008 15:18)
8 Si que son bonitos os palacios :)
Aviso para navegantes, pra ver #blgtk08#a sala dos 4 atlas da foto non fai falla pagar, e a entrada do palacio.
Parrafeo de lucia (16-03-2008 11:58)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal