Castiñeiras


Chegada a Viena (1ª parte)
Como xa vos contei hai case un mes, esta fin de semana fomos de viaxe ata Viena.

Cinco intrépidos aventureiros saimos ás 6 da mañá de Cangas (algo antes sairon os outros de Marín e Pontevedra). Despois de coller dous avións (de Porto a Girona, e de ahí a Bratislava) e un bus (Bratislava->Viena) chegamos a Viena a iso das catro e media da tarde.

O primeiro q fixemos foi comprar un bono co q utilizar o transporte público vienés (metro,bus e tranvía) 72h por 18€ máis descontos en palacios e museos. Vienna Card (só recomendable se se visita muito e se non se ten o carnet ISIC de estudiante).

Despois nos acercamos ata o hostal pra deixar as maletas. Wombats The Lounge, un hostal xenial, só 17€/noite moi limpo, tranquilo e con muitas comodidades.

E coa mesma comezar visitando Viena ás 7 xa de noite. Paseamos polos arredores da catedral por un recorrido recomendado pola guía do Pais-Aguilar unha guía moi boa, pero q aquí en Viena nos fallou un pouquiño con este primeiro recorrido...

Despois do recorrido polo centro achegámonos ata o Prater, un parque de atraccións no centro da cidade. Alí hai unha noria xigante con máis de 100 anos chamada Riesenrad. É do estilo a torre Eiffel, montouse pra unha exposición pero como gustou deixárona ;)

Alí arriba unhas vistas de toda a cidade, inda q a verda q ver ver...non se miraba muito xa q a luz interior reflexaba nos cristais da cabina :P

Volvemos pro hostal collendo outra vez o metro.
Xenial a rede de transportes que ten a cidade!!

Unha vez no hostal ceamos e coas guías que tiñamos nos dispuxemos a pensar en que iamos ver ó día seguinte.

Un día canso este venres. Fomos pronto pra cama, pois a intención era levantarse o sábado ás 6 da mañá pra aproveitar o tempo.

Mañá sigo cunha segunda parte da viaxe (e a ver se me da a virada pra facer unha galería de fotos).

Saudos!
Viaxe a Viena (2ª parte)
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-03-2008 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Parrafeo(s)
1 home... é por se a algún conocido lle interesa... xD, non xa o estou a colgar nunha páxina web na que non #blgtk08#cobran.

Jo pois que guay o da viaxe!! algún día tamén irei (iso espero) jejeje. un bico!!!
Parrafeo de Enmeigada (12-03-2008 15:58)
2 !Que bueno !,relatas como un guia turistico perfecto,dan ganas de ver como continua esto.
!No me lo voy a perder!
Me alegro que lo hayas disfrutado,y qu#blgtk08#e seas tan bueno en darle a otros la informacion de las ofertas para que ellos tambien lo puedan hacer.No eres egoista,eso quiero decir,bicos.Y ,¿ haber como sigue ?
Parrafeo de Maria Isabel (12-03-2008 16:45)
3 a ver se hai sorte enmeigada coa venta dese coche :P

Gracias Maria Isabel!Hoxe ia escribir outro artigo pero non me da a vir#blgtk08#ada, mañá espero que si me de tempo a meter un segundo artigo, e a ver se tamén unha pequena galeria de fotos.

Un saudo! ;)
Parrafeo de castinheiras (12-03-2008 23:49)
4 quen di que a guia non era boa, se nos insinou a farola mais#blgtk08# bonita de Viena jajaja, non en serio a cidade e moi bonita
Parrafeo de lucia (12-03-2008 23:59)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal