Castiñeiras


Danza de Aldán
Onte domingo foi o día de San Sebastián. Como cada ano nesta data celébrase en Aldán unha das tres danzas ancestrais de Cangas (xunto coa de Hío e a de Darbo).

Ó igual cas outras tres, a Danza de Aldán está composta por tres filas de cinco danzantes e un guía. No caso da Danza de Hío só bailan homes e os da fila do medio van vestidos de pelegríns. Neste aspecto a danza de Aldán asemellase muito á de Darbo por estar composta por dez galáns, cinco damas (con vistosos gorros de flores) e un guía.

Era a primeira vez q miraba esta danza. Gustoume algo máis que a do Hío, pero algo menos que a de Darbo. Iso si, moi ben os danzantes, todos cunha pedazo sonrisa no rostro desas que gusta ver e trasmiten felicidade!

Deron a volta a igrexa danzando cara atrás, mirando cara a Virxe do Carme e cara San Sebastián. Unha horiña ou case tocando e bailando sen parar, iso é aguante!
Danza de Aldán
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2008 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal