Castiñeiras


Danza do Hio
O xoves 16 foi un día productivo, houbo máis cousiñas a maiores do q escribin onte de ir ver o espectáculo Isolma de GS21.

Era o día de San Roque, e tamén o día no q se celebraba a Danza do Hio (unha das tres danzas ancentrais q se organizan en Cangas xunto coas de Darbo e Aldán). Ata alí fomos pola tardiña, bailaban ás 7 da tarde inda q tamén ás 12 da mañá.

Inda nunca mirara esa Danza e tiña muitas ganas, despois de ir tantos anos ós carnavales de Nerga sempre cuadraba q algún gaiteiro tocaba a música da danza e toda a xente se puña a bailar imitando ás "damas" e "galáns".

A verda q me gustou muito máis a Danza de Darbo (8 de setembro), diredes q é pq a bailo ou son medio de ahi... pero non é por iso, senon q me parece bastante máis vistosa e coidada, igual axuda q a bailen as mulleres todas engalanadas e cos seus preciosos sombreiros de flores.

De todas formas gardan muitísimas semellanzas, ademais é curioso ver como na fila do medio van vestidos de San Roque (tamén chamados pelegríns). Tamén é bonito ver como o famoso Cruceiro de Hio presencia toda a Danza.

Agora quedame por ver a Danza de Aldan q seica é o 20 de xaneiro...

O q me fixo gracia e q non tiña nin idea é ó rematar a danza pola tardiña fan unha subasta de ghalos e ghaliñas! Aqui no video unha mostra, Marcelino subastando unha ghaliña:

Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2007 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 non che tiña nin idea do da subasta, :). xa podías co#blgtk08#mprar un e disecabámolo para a corrida do ghalo, XDDD
Parrafeo de ruben (22-08-2007 17:40)
2 #blgtk08#
Parrafeo de (23-08-2007 19:56)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal