Castiñeiras


Lume no Salason

Dixérame Meche de ir a velo ata o Luar, xa q concursaba por ver se chegaba a semifinais do programa "Vai de Baile".

Pero nun comentario anterior tamén me dixo Rubén de ir ata o Salason ó concerto de Lume. E claro, de ir ao Luar non podería beillar nada q era o q máis me apetecia jeje e por iso decidín finalmnt quedar en Cangas.

O concerto estivo moi ben, música animada en todo momento. O malo era q faltaban beilladoras, e claro, como nos (Rubén máis eu) tiñamos muitas ganas de beillar alí saimos os dous botar uns puntos ó son dunha muiñeira.

Xusto despois dixeron q ian tocar unha polca e polo público se escoitou algo así como "a ver agora quen baila!" (acordamos q non tiñamos tantas ganas de bailar como pra bailar un agharrado os dous...).

Máis adiante chegaron reforzos: meu primo rematara de currar e con el chegaron Silvia e Ire. Non pasaran dous minutos dende q entraran elas e xa estabamos bailando todos.

A verdá q eu estaba moi desentrenado, pero weno, xa practicarei máis á volta. Despois do concerto fomos tomar a última ó Triskele e coa mesma pra casiña, que hoxe comeza a viaxe cara Polonia.

O de Polonia é un cursillo de "internacionalización de empresas" ou algo parecido (costoume escribir o palabro!). O finde de San Xoan seguramnt alquilemos un coche e iremos visitar cidades como Cracovia ou/e Varsovia. Xa o contarei á volta. O 30 deste mes ás 23.30 está previsto q voltemos a Porto e por fin esa noite durmirei na casiña.

Ata entón, saudos!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 16-06-2007 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 Mui bem o concerto!

O melhor de todo é que tivemos que bailar nós para que se animar#blgtk08#an algúns velhos a bailar o pasodoble..

Pasa-o em grande em Polónia, bem o mereces!
Parrafeo de aLBa (17-06-2007 12:04)
2 Gracias!! xa tou de volta e a viaxe xeni#blgtk08#al, agora comezan as festas do vran! :D
Parrafeo de castinheiras (01-07-2007 13:41)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal