Castiñeiras


De volta en casa (por pouco tempo)
Como vos contei o día 4 foi o último examen da carreira, despois de celebralo por todo alto tiñamos xa preparada unha viaxe por Inglaterra.

O día 5 foi dia de resaca e de preparar todas as maletas e o día 6 de mañá comezou a aventura.

Ese mesmo día chegamos ó parque nacional do Lake District, no mapiña os parques nos q estivemos estan en negro. Incribles paisaxes e lagos por alí adiante. Neste parque nacional botamos un par de días: camiñatas, dun lado a outro sen parar co coche, durmir no medio do monte e incluso algún baño q outro nos lagos (na foto dabaixo).

O día 8 pasamos polo parque nacional de Yorkshire Dales de camiño a York, cidade moi chula pola q andivemos paseando.

Esa noite despois de visitar York nos achegamos ata o Peak District buscando un sitio onde montar a tenda, imaxinarvos pobiños rurais e nos entre eles buscando algún trociño de herba medio oculto pra poder pasala noite jeje

O último día comezamos visitando unha casa de ricos en Chatsworth. Carallo q de pasta tiñan!! Unha casa enorme e uns xardins xigantes, ata dentro deles tiñan un laberinto no q era moi facil perderse. Despois desta casa fomos ata a cidade de Lincoln, no alto dun monte podíase mirar a catedral dende varios kilometros de distancia.

Acabamos en Cambridge, cidade q está cerquisima do aeroporto de Stansted (q lle chaman "de Londres" pero esta a un par de horas do centro...).
Cambridge moi bonito, xa fora hai catro anos antes de comezar a carreira pero desta vez incluso vimos máis cousas: estaba prohibida a entrada en muitos dos edificios universitarios, pero como colabamos por estudiantes... :D

Non sen problemas de peso conseguimos facturar as maletas, ás 8 saiamos de Stansted e sen enterarnos (totalmnt durmidos) chegamos as 11 a Compostela.

En fin, unha boa viaxe, xa vos contarei con máis detalle se me da a virada ainda q o dudo jeje

E agora... pois xa estou en casa si, pero do 16 ó 30 irei a Polonia a facer un cursillo. A partir dahi supoño q xa pararei un pouquiño de tanta viaxe.

Saudos!!

PS: algunha festa estes dias q estou por aqui? avisade!!
PS2: este mércores de furanchos jeje
Parrafeo (6) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-06-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Parrafeo(s)
1 Este mercores d#blgtk08#e furanchos...
Parrafeo de Borja (11-06-2007 17:23)
2 escoitei rmores de que este venres estaba Lume no salasons. de se certo, aínda está#blgtk08#s a tempo. e se cadra aínda me apunto, XD

tes xeito de o confirmar?
Parrafeo de ruben (13-06-2007 10:17)
3 Home pois... si, confirmoche que veñen jeje
http://www.blogoteca.com/salason/

Igual era boa#blgtk08# ir ata alí...
Mañá confirmo, inda non sei q farei pero xa te chamarei pra comentar

ciaue!
Parrafeo de castinheiras (13-06-2007 10:40)
4 Breeeeixooou vas vir #blgtk08#ensayar este sabado?¿
Parrafeo de Ruben (15-06-2007 13:54)
5 A ver se me da a virada, hoxe á noite irei ata o Salason q hai concerto de LUME ;)

Mañá inda teño q poñerme a#blgtk08# facer a maleta pros 15 días por Polonia... a ver se me da a virada pra acercarme ata o ensaio inda q está chunga a cousa...
Parrafeo de castinheiras (15-06-2007 14:54)
6 e arriba no eirado onde a festa porq #blgtk08#no colexio de abaixo estan en obras
Parrafeo de por si acaso (15-06-2007 22:33)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal