Castiñeiras


Comparación de tours
Na viaxe por Escocia tiñamos contratados 3 tours, o segundo deles era un tour por St Andrews e Forth of Five q se cancelou por falta de xente. Pero tou contento, creo q aproveitamos mellor o tempo nos q indo nese tour :)

Entre os outros dous hai un claro gañador: Canny Tours con saida dende Inverness.

Ese tour nos levaba polos Highlands escoceses, mentres q Scottish Tours nos levaba polos Lowlands, supoño q iso axudaría a q un fora bastante mellor co outro. E inda por riba neste ultimo día polas Lowlands nos choveu, co cal inda peor.

En xeral o segundo tour pareceume bastante maliño e moi comercial:

No canto de ir 9 persoas nunha furgoneta, iamos non sei cantos nun bus grande;
o guía contándonos historias VS escoitar unha grabación posta no autobus;
coñecer mil sitios fermosisimos pero non famosos VS catro sitios turísticos (baixar,visitar correndo,seguir ruta).

Pero o peor de todo era q non se facían muitas paradas en sitios bonitos pra tomar fotos e seguir, senon q faciamos poucas paradas e en sitios horribles, por exemplo: nos deixaron só unha hora de visita no castelo de Stirling (tivemos q velo a correr); o mesmo tempo q nun pobiño dunha soa rúa pq tiña unha especie de centro comercial, debían de ter un convenio coa compañía dos tours...

Tamén hai fotos na galería se queredes comparar máis ainda o primeiro e o segundo tour.

Por todo o dito recoméndolle á quen vaia por Escocia q non pille tours q saian dende Glasgow ou Edimburgo. Por exemplo, pro tour q vai dende Edimburgo ó lago Ness hai q pasar 3horas pa chegar e só ver un anaquiño, mentres q saindo dende Invernes deunos pra recorrer toda a sua veira e pasear polas dúas puntas.

Supoño q este tipo de recomendación é aplicable a outros paises, tours pra dicir "estiven alí" ainda q non o disfrutases.

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 03-06-2007 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal