Castiñeiras


Escocia (último día): Tour polos Lowlands
Despois de cinco días de ruta stabamos q xa non podíamos con nos. O bó era q pro último día tiñamos un tour reservado, e claro, non cansa o mesmo q te leven q ir ti mirando pola túa conta.

O tour era bastante maliño e moi comercial mañá colgarei un amago de comparativa.

Saimos de Glasgow a iso das 8.30 ou 9 da mañá. Ahi tomamos de volta dirección a Edimburgo pra recoller a máis xente, maldita ghana q tiñamos de volver atrás! pero era o único tour q conseguiramos pra ver o q queríamos (Stirling Castle e Loch Lomond).

Coa mesma fixemos unha paradiña na famosa ponte de South Queensferry (foto), seica se tarda muito en restaurar a cor vermella, vai por partes e así q acaban a última parte da ponte case teñen q empezar coa primeira de volta :O

A seguinte parada foi o castelo de Stirling, din por ahí q o máis grande e importante de Escocia e incluso de Europa occidental. A verdade q a min a visita me decepcionou un pouco, igual foi pq chovia ou pq só nos deixaron unha hora pra miralo, pero esperaba algo máis.
Na segunda foto estou baixo a estatua de Robert the Bruce, rei escocés.

Despois desta visita relámpago nos levaron por unha serie de montes e lagos q estaban moi chulos, dentro do parque nacional dos Trossachs. Fixemos unha parada dunha hora nun pobiño q non tiña nada (weno, un pequeno centro comercial ó lado de onde parou o bus, sospeitoso...).

Chegamos a Loch Lomond a iso das 16.30h, con tempo mínimo pra dar unha voltiña arredor do lago. Foi unha pena q non houbera nese momento cruceiros polo lago, creo q merecerían ben a pena.

Esa foi a última parada, ó final o tour deixounos un bo sabor de boca. Non se podía esperar muito máis: só pagamos 15€ por 9horas de ruta no canto de 33€ ou máis q se pagan na maioría dos outros tours.

Despois diso inda nos deu tempo a dar un paseiño polo centro de Glasgow, de casualidade topámonos co Duque de Wellington e o seu cono de tráfico. Seica foi unha broma e agora está prohibido sacarlle o cono á estatua pq senón hai protestas! estes escoceses...

En fin, bus ata o aeroporto e con Easyjet cara Bristol, pra despois volver a Cardiff en bus.

Atrás quedaron 6 días inesquecibles e moi poucas ganas de volver á realidade :)

Saudos!

PD: Lucy voaba con Ryanair, pero se confundiu de aeroporto e perdeuno. Ainda así chegou a tempo ó aeroporto de Stansted (Londres) e non tivo máis problemas pra chegar a Compos... a tod@s: Glasgow ten dous aeroportos!! :P

PD2: algunhas fotiños
Parrafeo (2) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 24-05-2007 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Parrafeo(s)
1 So unha apreciacion... Lucia SI QUE TIVO BASTANTES MAIS PROBLEMAS p#blgtk08#a chejar ata Santiago xD en Wales comentote :p ainda q vaime matar.
Parrafeo de Borja (25-05-2007 16:15)
2 E iso? se lle preguntei e non me dixo nada :S
Xa me contarás#blgtk08# enton si hai tanto secretismo :P

Vemonos o dia 3 ;)
Parrafeo de castinheiras (25-05-2007 16:31)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal