Castiñeiras


Escocia (4de6): St Andrews e Edinburgh
Sigo (pouquiño a pouco) escribindo artigos contando un pouco como foi a viaxe a Escocia.

Aghora toca o domingo 22 de abril q fomos dende Edimburgo ata St Andrews (patrón de Escocia).

Gustoume muito o sitio: paseamos polo campo de golf máis antigo do mundo e xusto ó lado nos achegamos a unha praia enorme onde rodaron "Carros de lume".

Case nos matamos Esther máis eu camiñando polas rochas do final da praia (estaban cheas de algas pola marea baixa).

Coa mesma nos achegamos ata o castelo q estaba en ruinas, nada doutro mundo, o q máis nos gustou foi a mina q tiñan escavada (mina e contramina, pq era pa escapar na defensa pero tmn a utilizaban os atacantes, estes escoceses...).

Por último fomos ata a catedral, tmn en ruinos a excepción dunha torre á q poidemos subir. Boas vistas de toda a cidade e tmn da ría :)

En definitiva, mereceu ben a pena a visita.

A xente por alí moi amable, case nos pedían por favor se podían axudarnos nalgo!

Coa mesma, fomos de volta ata Edimburgo. Alí recorremos o q nos quedaba da Milla Real e non só iso, senon q nos atrevemos a subir a Arthur's Seat.

Tremenda pateada q nos metemos pra subir ata o punto máis alto de todos, pero merecían ben a pena as vistas :)

O q si qnon sei como aguantamos foi o de sair do hostal á noite pra ver Edimburgo de noite... tabamos mallados pero tmn sabiamos q de noite iluminan sempre todos os monumentos e edificios importantes, velaí unha foto do castelo.

Coa mesma xa podedes ver algunhas das fotos deste día aquí.

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 11-05-2007 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal