|
|
|
Escocia (capitulo 1de6): Inverness |
|
Xa estou de volta! Despois destes dias por Escocia acabei derreado, non sei como me mantiña en pé os últimos paseos por Glasgow pero en fin, merecia a pena un esforzo máis xa q supoño q tardarei en volver por esas terras.
A viaxe estivo xenial, nela nos embarcamos Lucia (de Marín) e María Esther (Poio-Pontevedra), ahi aparecen elas dúas na foto do castelo de Inverness ;)
Comezamos na cidade de Inverness (inver: desembocadura, neste caso do río Ness).
O primeiro día visitamos esa cidade e tamén Fort George, unha impresionante fortaleza.
Como curiosidade, dentro desa fortaleze hai unha capela, a única na q un anxo aparece nas vidrieras tocando a ghaita! :P
Dando voltas pola cidade de Inverness vimos varias cousas como o seu castelo e tmn un museo-fábrica de kilts (faldas escocesas), onde se via como se facían e tmn como unhas mulleres estaban facendo o laborioso proceso.
O segundo día contratamos un tour pra ir por todos os Highlands escoceses, foi incrible pero iso o deixo pro seguinte artigo.
Cando teña algo máis de tempo irei subindo as fotos.
Saudos! |
|
|
|
Veña oh! pon calquer cousa! |
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|