Castiñeiras


Furancho querido
Tal como apuntaba o veciño Son de Bueu no artigo anterior, "estamos en epoca de furanchos".

E claro, como ia a facerlle ese feo ós furanchos? Este venres e sábado repetín no furancho dunha amiga de Cela. O viño estaba moi bo e o furancho estaba na Torre, case enfrente da panaderia Freire.

O venres non houbo moito ambiente nel, tomamos uns carolinos e máis q nada estivemos de cháchara.

Pero o sábado repetín a propósito: ian os retrousiños a tocar e non mo podía perder! ;)

Aparte de beber viño, ese dia fixen de todo: beillar, tocar o tambor, pandereta, tarrañolas (faltoume a ghaita e o bombo, todo cheghara :P), e por suposto, tamén comer a rica empanada e tortilla q ali servian!:)

Pena q non levase a camara. De todos xeitos gravou boa parte da noite o ghaiteiro Cristian, a ver se consigo o video...

Despois do furancho fun a Cangas, tiña muita xente q saudar despois de tanto tempo fóra. A noite estivo moi ben.

O malo? ter q levantarse cedo o domingo pra ir ver beillar a meu primo.

Como xa teño dito: "sarna con ghusto non pica" :P

PD: as fotos son do ano pasado, xa conseguirei as deste ano, mentres vos facedes unha idea con elas :P
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 02-04-2007 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Parrafeo(s)
1 ali e ire,k ghuapas salides nesa foto.a rapaza k stá kon vos non sei ken é xo tamen sae moi ghu#blgtk08#apa.si señor.mira ti stas moziñas d cela k ghuapas salen nas fotos...!!!!bikos.kérovos
Parrafeo de Taty (04-04-2007 23:07)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0