Castiñeiras


Sábado e domingo en Verín
Foi unha fin de semana moi longa... o sábado despois de comer fomos ata Verín. Chegamos a iso das 5 a Rebordondo (parroquia natal de Benito).

Tivemos unha gran acollida pola sua parte, non faltou nin viño, nin queixo, nin chourizos, nin unha lareira quentando o salón :)

Alí na súa casa estivo contándonos anécdotas e historias acerca do museo q tiña alí dentro da casa, os de Allariz parecen pouquiña cousa ó seu lado!

Tamén andivemos a xoghar co carburo, facendo saltar un par de latas polo aire con el.
Coa mesma fomos ata Verín, disfrazámonos no hostal, ceamos e comezamos a festa: muita fariña había por ali esa noite!!

O día seguinte despois de toda esa festa inda nos animamos a velo desfile, e non só velo, senon que incluso nos metemos dentro bailando e tocando un par de panderetas jejeje
Image Hosted by ImageShack.us
Ahi están as fotos pa demostralo...

Pero non só o museo da casa de Benito, tamén tivemos a gran sorte de pasar polo taller do seu irmán Nelson, alí miramos como era o proceso de facer o traxe e careta de Cigarrón, amén de mil cousas máis (q manitas é Nelson!!).

E pra finalizar non puidemos deixar de visitar o castelo de Monterrei, cunhas vistas incribles do val de Verín.
Image Hosted by ImageShack.us


A iso das 10 da noite collemos rumbo de volta pra casa, muitos querían quedar (eu incluido) pero tp queria perdermo os carnavales d'O Hio ;)

Gracias Benito por ensinarnos tantas cousas e por invitarnos a esa gran festa de Verín!!

..e gracias tmn á tua familia q nos tratou coma se fosemos un máis dela!
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 22-02-2007 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Parrafeo(s)
1 Pois eu non o diría mellor, eu vin extasiada de Verín, vin namorada de verín,..., non teño palabras pra describir as sensacions que puiden alí sentir, foi algo... espiritual... é como se a miña esencia se evadira do meu corpo por uns segundos e volvese a el moito máis limpa e serena... indescriptibl#blgtk08#e... e todo gracias a Benito e a súa GRAN FAMILIA (grande en número e en corazón, pero sobre todo isto último). Eu digoo o mesmo, gracias BENITO E FAMILIA (Tati, Nai de Tati, Kiti, Alba, irmás, primos, cuñadas, cuñados de Benito... todos o fin e o cabo)
Ameaza: Volveremos... que trema Verín..
Parrafeo de Ireniña (07-03-2007 19:30)
Veña oh! pon calquer cousa!
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Parrafeo:
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal