Últimamente a vagancia ou estar ocupado noutras cousas fai q a actualización deste blog non sexa tan frecuente.
Pero sei q non son o único, pásalle a moitos amigos q actualizan de pascuas en ramos e claro, andar día sí día non a ver se actualizaron... moito tempo!
Unha solución moi sinxela é utilizar un lector de blogs, simplemente tes q engadir a ese lector os blogs dos teus amigos e xa está:
Abres o lector de blogs e dende el xa podes ver cal dos teus amigos actualizou, ver o artigo completo, etc... aforrando tempo!
Aquí mellor explicado (inda que en inglés):
Pasos pra facelo (un exemplo):
1ºAbrir unha conta en Google Reader (podes acceder coa túa conta de Gmail).
2ºEngadir suscripcións dos teus amigos (busca o icono laranxa do RSS pra atopar a dirección, a deste blog é: http://www.blogoteca.com/castinheiras/rss.php
3ºXa está, non hai máis. Unha vez suscritos os teus amigos tan só terás q abrir o google reader pra saber se actualizaron o seu blog.
É que a dicir verdade... ás veces é difícil non mirar! Non é fácil falar do tema sen parecer un pervertido, pero vouno intentar ;) A min dame que a explicación máis lóxica é a seguinte:
O ser humano é irracional (non sei onde o escoitei...), xeralmente cando nos prohiben unha cousa é cando máis a facemos. Se non temos algo o queremos, etc.
E claro, como temos prohibido mirar pos escotes, temos máis ganas de miralos. E como está mal visto, tratamos de non velos... o que se di unha gran batalla psicolóxica! ;)