Castiñeiras


O Gran Carballo (2ª parte)
Muitos diredes q son algo friki (ou moi friki) por poñerme a facer cousas destas.

Como xa vos contei hai algún tempo, modifiquei a foto do "Gran Carballo" (Major Oak) quitándolle os soportes e cables q tanto o afeaban.

Este foi un reto q me fixen xa q, cando chegara a ver esa gran árbore, me decepcionou o feito de q non estivera "ao natural". Así non era fácil asegurar q estabamos no bosque de Sherwood onde sucederan as lendas de Robin Hood.

Só de pensar o traballo q me costara rematar de limpar o carballo, non o podía deixar simplemente nun post neste blog e foi por iso q decidín ir máis alá pra q máis xente (interesada no Gran Carballo) o vise.

Así foi como contactei con John Palmer, un home q fixo unha web acerca do Gran Carballo así como un proxecto de facer un bosque de Gran Carballos, a partir das landras desta gran árbore.

A súa web é unha das máis visitadas acerca do Gran Carballo así q decidín pasarlle as fotos. O día seguinte contestou ó meu email, e xa ese mesmo día colgou as miñas imaxes na súa web.

Para a ocasión fixen unha galería na FotoBlogoteca co proceso de modificación completo.

Non sabedes o reconfortado q me sinto, agora o meu traballo será visitado por muita máis xente :)

Saudos!

PD: non é a primeira vez q fago cousiñas destas, igual algún día subo outros exemplos de traballos q fixen.
Wikipedia - Major Oak
Galería coa modificación do Gran Carballo
Web sobre o Major Oak
Parrafeo (3) - Categoría: England - Publicado o 12-09-2007 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Gran Carballo
O acabar os exames de Gales cinco amigos decidimos alquilar coche e irnos entre o 6 e o 10 de xuño de recorrido polo Distrito dos Lagos, Yorkshire,... para acabar no aeroporto de Stansted e volver pra casa.

No medio desa viaxe nos acercamos ata o bosque de Sherwood, alí se atopa este enorme carballo (chamado "Major Oak") q vos queria ensinar neste artigo. Segundo contan as lendas, este carballo era o cuartel xeral onde se reunía o famoso Robin Hood.

Dende os anos setenta unha serie de andamios soportan as pesadas pólas da árbore. E ahí entro eu: collín unha foto que fixemos o día 9 de xuño e comecei a xogar con ela utilizando o programa Gimp.

Esta é a foto orixinal, pulsa sobre ela se queres vela en grande:

Image Hosted by ImageShack.us


E a continuación podedes ver o resultado final:

Image Hosted by ImageShack.us


Aquí un video q fixen con todo o proceso, a canción é de Siniestro Total, titulada "Himno Galego".



Saudos!
Parrafeo (3) - Categoría: England - Publicado o 25-08-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Liverpool
Este sábado pasado fomos ata a terra dos Beatles, tiña entendido q Liverpool era unha cidade industrial nova e feisima pero ó final gustoume bastante.

Foron case 8h de tren (ida e volta) e unhas 9 ou así de paseo pola city. Aburridos do tren pero ó final chegamos sen problema :)

O primeiro q me sorprendeu foi cando ainda non baixara do tren: miles de casas nas aforas de Liverpool, todas moi parecidas coas míticas chimeneas inglesas, e con contenedores do lixo lilas!

Despois de sair da estación outra sorpresa: pensei q ian ser todo edificios ou casas normais, pero habia bastantes edificios "a lo grande", varios museos, hoteles e non sei q máis cousas q eran edificios xigantes. Entre eles a Catedral Anglicana máis grande do mundo.

Image Hosted by ImageShack.us


Pasamos un bo rato paseando por Liverpool, ad+ de recordarme un pouco a casa pois andivemos tamén polo porto :)

O jodido foi nos museos, estaban bastante ben ainda q tampouco eran unha marabilla. Fomos a estes: World Museum, Tate e The Walker; este último foi dos mellores, anq non sei pq tiñan metido un movil nokia novo entre cousas dunha exposición do s.XIX; e non era o unico, tmn andaba por ali perdida unha gameboy.. porei fotos na fotoblogoteca). Noutro apartado tmn puñan en exposicion uns monecos de Lego (...)

O world museum era como o Domus da Coruña pero en pequeno, con vinte mil nenos correndo polos arredores.

Finalmente a Tate non me gustou nada, eran exposicions contemporáneas destas q non hai quen as entenda :P

Á noite nos achegamos ó mitico garito onde empezaron os Beatles: "the Cavern". Tivemos moitisima sorte pois xusto cando chegamos estaba un grupo tocando en vivo cancións dos Beatles.
De publico? entre outros, bastantes vellos nostalxicos e fanáticos do grupo de Liverpool.

Image Hosted by ImageShack.us


Saudos!

PD: teño q renovar isto máis a menudo, pero weno, aqui todo vai con calma ;)

Parrafeo (4) - Categoría: England - Publicado o 12-03-2007 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Bath
Este sábado para variar un poukiño saimos de Cardiff e nos puxemos rumbo a Bath.
Visita mui recomendada, cidade moi ben conservada e con moitas cousas interesantes pra ver como: a abadia, os baños romanos, the circus (uns edificions construidos con forma redonda simulando un circo).

O día aprovetámolo ben: chegamos a Bath sobre ás 9 e media e ás 10.30 había visitas guiadas organizadas polo concello, eran catro velliños (o q viu con nós chamábase Bill, a ostia d amable)q guiaban por amor ó arte jeje.

O recorrido eran dúas horas e nos ensinou todo o casco vello de Bath, despois diso fomos visitar a abadia e tamén os famosos baños. O lado da abadía había unha tenda na q facían o chocolate de forma tradicional...q rico estaba!!

Ó final kedamos a tomar algo e chamamos a Kirstin (a do meu piso q vive en Bath) pero cuadrou q ela acababa d marchar a Londres. Unha pena pq senon seguramente sairiamos de noite por alí, falaronnos moi ben da marcha nocturna jeje

Á noite fixemos festa no piso e stivemos con Rich e Maruxiña (si, esa gran amiga), pero o mellor de todo: tomamos LIKOR KAFÉ!! trouxoo Patri de casa, boísimo! :) Q ghaniñas de volver a casa, ir de seráns e beber LK! :P
Image Hosted by ImageShack.us

Ata a próxima!


Parrafeo (6) - Categoría: England - Publicado o 13-11-2006 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal