Este mércores pasado (e como tódolos mércores do curso jeje) non tivemos clase. Pa aproveitalo día decidimos ir ata o castelo de Coch q se atopa ó norte de Cardiff.
O castelo moi bonito e ben conservado por dentro, pero o máis bonito era ver o castelo solitario no medio do monte :)
Mágoa q xusto cando fomos nós estiveran restaurando unha das torres..
Alá polo 30 d outubro fomos facer unha visita ata o castelo de Cardiff q está de camiño entre a nosa residencia e o centro da cidade.
Como visita non está mal, o malo é q a maior parte do q ch ensinan na visita guiada é de só hai un par de séculos. Ademáis ch empezaban a ensinar fotos e a falar das familias que vivian alí... interesantísimo!!! :P
Os restos do máis antigos do castelo están bastante ben conservados, ademais dentro do recinto teñen un coidador de aves (con mouchos, aguias, cernicalos, alcóns...
Tamén hai soltos muitos pavos reais "pastando" polo medio do recinto.
Polo tanto, se pasades por Cardiff é recomendable unha visita ó castelo, ainda q só sexa d pasada :P
Aqui estamos hai unhas semanas nas pedras que hai ó lado do castelo. Unhas pedras similares os restos de Stonehenge.
Como din por ahi, si, stabamos en pose de "anxos d Charlie" :P
De vez en cando irei poñendo fotos de visitas ainda q non sexan "actuais" (esta foto sacamola hai un par de meses :P); asi vos irei ensinando os sitios polos q stivemos.
Que bonito é este paseo!
Que mellor q esta bucólica paisaxe para inagurar a sección de videos :)
Por aki imos normalmnt camiño do Tesco, ese gran supermegastore.
Nos primeiros dias de universidade en Cardiff nos recomendaban non ir por ahi pq podian haber atracadores ou exibicionistas... Que cachondos son estos ingleses!!
Saude e terra ;)
PD: primeiro video, a ver qtal lle vai, pa proxima tratarei de meter videos máis coñeros.