Castiñeiras


Lagoa de Castiñeiras

Foto da Lagoa de Castiñeiras en Xuño. No centro da Península do Morrazo.

A continuación o mapa con indicacións de cómo chegar ó Lago de Castiñeiras dende Marín:


Ver mapa más grande
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 24-11-2011 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dólmen/Mámoa do Rei en Castiñeiras (Morrazo)
mamoa castiñeiras
Foto do dólmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.

"Coñécese co nome de Chan de Castiñeiras un conxunto megalítico formado por sete mámoas, agrupadas en dúas áreas. Datan do Calcolítico, entre o 2500 e o 2000 a. C., e de entre todas elas destaca a Mámoa do Rei, un amplo túmulo de trinta metros de diámetro con dolmen de corredor."

Máis información sobre o Lago de Castiñeiras e vídeo de regalo ;)
http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=164&lg=gal
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 08-11-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Acampada en Ons
Pra quen se queira anotar...

Laura, MªEsther, Tamara máis eu xa temos os permisos pra acampar en Ons. ¿Alguén máis se apunta?

Hai que reservar con antelación, pódese facer por internet. Así evitamos ter que acampar na casa de Esther como xa nos pasou hai uns anos jeje

¿Cánto custa?

Acampar: 0€
Barco dende Bueu: 12€ ida e volta

¿Cándo imos?
Ida: Sábado 4 de xullo
Volta: Domingo 5 de xullo (uauh! canto tempo! :P)

¿Cómo reservar?
--Permiso de acampada--: enches o formulario e automáticamente che crea un PDF. Imprímelo e xa está (PRAZAS LIMITADAS)
Barco: xa chamo eu cando sepa todos os que vamos, espero conseguir un desconto por grupos ;)

Comezou o verán!!
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 26-06-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
BICI GOOGLE

Saiu hai uns días na prensa: Google utiliza bicis pra sacar fotos de cidades como Santiago ou Salamanca.

Pra os que non o coñezades, Google sacou unha aplicación chamada "Google Street View" coa que se pode pasear polas cidades a golpe dun clic do rato. Aquí un video de exemplo:



Foto Cadenaser
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 16-06-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
+ As linguas suman +
Campaña informativa da Coordinadora de Equipos de Normalización pra informar ós pais das vantaxes de aprender dúas linguas.

"Sabiades que...

...o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?

...o alumnado galego ten mellor domino do inglés que a media española?

...que o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras comunidades que teñen unha soa lingua?


¿Será o cocido ou terá algo que ver a lingua? ;)

Aquí o tríptico informativo:


BOTÓN FULL SCREEN NA ESQUINA ABAIXO Á DEREITA ;)
Parrafeo (1) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-06-2009 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal