|
|
|
|
| Chove, venta e o barco parecía o dragón khan |
|
Chove, venta e o barco parecía o dragón khan (by Rubén)
Detalle de Davila na camisola da dereita ;) |
|
|
|
|
| Sábado Magosto en Nerga |
|
Unha proposta pros que lle gusten as castañas ;)
Sábado a partir das 17.00h en Nerga
Castañas de balde na Garita de Nerga! Festa e música e productos a prezos populares ;)
"Animámosvos a colaborar con algunha aportación gastronómica"
Aquí a LOCALIZACIÓN. Outra opción é aparcar ó lado do bar "O Cañizo" (toldo amarelo) e ir dirección enfrente do bar...
gafas graduadasrestaurantes con espectaculos en sevilladisfuncion erectilpeelingsaunaspulsera pandoratarotsolitario de diamantescursos auxiliar enfermeria |
|
|
|
|
| Irmandiños: A Revolta 2008 |
|
Unha pasada como o ano pasado :)
Pros que preguntades "qué é un xogo de rol en vivo?"
-NON nos poñemos a tirar os dados pra ver quen perde vidas.
As batallas son:
-Espadas, arcos, lanzas, machados (brandos pra que non doan)... e se che da o enemigo quitas un punto de vida (comezas con 4 + pócemas e armadura)
O resto da partida... pois tratar de facer o teu personaxe, intrigas, confabulacións, traicións... Eu era campesiño, pero había de todo: soldados, monxes, mariñeiros, burgueses, fidalgos... incluso mendigos que quitaban puntos de vida só por tocar ó inimigo! jajaja (auto-chamábanse "comando lepra" :D)
Os organizadores teñen moito mérito por conseguir mover a tanta xente, ainda que claro, non se podía contentar a todos e houbo moitos "enfados"(que si cambios de regras, paróns nas batallas, etc...)
Non me gustou que había excesivo nº de lanzas, case non se podía loitar con espada. Pero en xeral moi ben a experiencia, espero poder repetir o ano que ben :)
Hai un cachiño de vídeo do ano pasado aquí: www.irmandinhos.com |
|
|
|
|
| e agora... IRMANDIÑOS! |
|
Como xa contara hai uns días repetimos!
Este ano iremos de campesiños, somos máis os irmadiños pero haberá que ter coidado coas traizóns, as catapultas e as frechas, este ano ven máis completo o xogo de rol en vivo con máis participantes do mundo.

Imaxe do exercito de Pedro Madruga (nós o ano pasado :D) |
|
|
|
|
| Paris |
|
De xoves 18 a martes 23 de setembro...
Foi unha viaxe xenial! Laura máis eu non paramos e recorremos todos os recunchos máis famosos da Cité de l'amour.
O segundo día fomos ata Futuroscope. Pasámolo ben facendo o mono, pero case que se está quedando un pouco anticuado o parque de atraccións tecnolóxico.
O resto de días: subir ás torres de Notre-Dame; pasear polos Campos Eliseos ata o Arco do Triunfo; subir ó alto da Torre Eiffel pola noite e camiñar ó longo do Sena.
O terceiro día demos unha volta con Migui e Bea que pararon un día no seu camiño a Holanda. Xa nos traeredes algún regalo dalá! ;) Na foto estamos debaixo da Torre de Montparnasse.
E o último día subimos ó barrio bohemio de Montmartre.
Por sorte non tivemos percances negativos, o único malo foi que o primeiro hostal "Auberge Internationale des Jeunes" era bastante cutre. Os colchóns... eran colchonetas! Ainda que polo menos non era moi sucio.
Outra cousa a mellorar pra outros que queirades ir a París e coller un billete único pra viaxar en Metro, Bus e RER (unha especie de tren de cercanías). Ese billete costa só uns 16€ toda a semana. Ah, e tamén se poden alquilar bicis moi baratas (se me enterase antes igual faciamos unha tarxeta).
Foi mellor o hostal da última noite. Resultou ser un hotel (Perfect Hôtel), só 2€ por persoa máis caro que o outro e moito mellor.
En definitiva, uns días xenias sobretodo cando se está ben acompañado! ;) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras" |
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|