|
|
|
|
| Adeus blogoteca! |
|
Trasladei o blog a: http://breikso.blogspot.com. Alí te espero!
Blogoteca: Unha ferramenta galega, gratuita e que serviu pra poder ir contando o que se me pasaba pola cabeza... pero como ven comenta Rubén, a blogoteca quedou estancada.
É unha lástima deixar esta plataforma que me acolleu dende hai case 3 anos. Non sabía se continuar cun blog ou deixalo de lado, ó final optei por probar a facelo en blogger e a ver que sae. Outros coma Milego cerraron o seu blog, quizá é o mellor :P
De qué falarei?
Do que me peta e cando me peta ;)
Será un estilo deste blog, persoal pr@s amig@s e pra quen queira leerme.
Tratarei de ampliar a sección de "utilidades" que tiña creada; irei anunciando aquelas "oportunidades" (viaxes, escapadas, ofertas, actividades...) pra que poidades anotarvos; etc. etc.
O primeiro que publicarei serán as FOTOS DA VIAXE A SUIZA (estaremos alí Laura máis eu de 10 a 26 de xullo, á volta publícoas).
Espérovos en breikso.blogspot.com! |
|
|
|
|
| VIII Festival Retrouso: 11 de xullo |
|
Este sábado, 11 de xullo, ás 21h, vaise celebrar o VIII Festival Retrouso, organizado pola Asociación Cultural Retrouso, no Eirado de Cela, en Bueu (O Morrazo).
No Festival, centrado no baile tradicional, actuarán o Etnográfico de Vila Praia de Âncora (Portugal), o grupo da Asociación Cultural Folklórica Andrés Laguna (Segovia) e a Rondalla de San Vicente de Esplús (Huesca), ademais do grupo anfitrión.
A partir das 22.30h, ao finalizar estas actuacións, abrirase o escenario á Foliada, para que toquen e bailen todos aqueles aos que lles apeteza pasalo ben.
Haberá carpa e a entrada, por suposto, será de balde.

apartment Ibizacanastillas recien nacido |
|
|
|
|
| ¿Por qué os voos de ryanair ou easyjet son tan baratos? |
|
¿Por qué os voos de ryanair ou easyjet son tan baratos?
(inda que últimamente non tanto jeje)

Via euribor.com.es |
|
|
|
|
| Acampada en Ons |
|
Pra quen se queira anotar...
Laura, MªEsther, Tamara máis eu xa temos os permisos pra acampar en Ons. ¿Alguén máis se apunta?
Hai que reservar con antelación, pódese facer por internet. Así evitamos ter que acampar na casa de Esther como xa nos pasou hai uns anos jeje
¿Cánto custa?
Acampar: 0€
Barco dende Bueu: 12€ ida e volta
¿Cándo imos?
Ida: Sábado 4 de xullo
Volta: Domingo 5 de xullo (uauh! canto tempo! :P)
¿Cómo reservar?
--Permiso de acampada--: enches o formulario e automáticamente che crea un PDF. Imprímelo e xa está (PRAZAS LIMITADAS)
Barco: xa chamo eu cando sepa todos os que vamos, espero conseguir un desconto por grupos ;)
Comezou o verán!!
|
|
|
|
|
| Morre Michael Jackson |
|
Ós 50 anos dun ataque cardiaco.
Sorprendeume esta confusión que tiveron os seus fans:
"Los homenajes se extendieron en el otro extremo de la ciudad, en el Paseo de las Estrellas, donde los aficionados convocaron por Internet una vigilia junto a la estrella que lleva el nombre de este artista. Una reunión confusa porque la auténtica estrella de Jackson estaba tapada por el estreno de Brüno, la comedia de Sacha Baron Cohen. Muchos de los fans se congregaron, entonces, en otra estrella, la dedicada a Michael Jackson... pero era la de un locutor de radio del mismo nombre. Hasta en su luto pudo la confusión y la excentricidad."
Via elpais |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|