Castinheiras


Poesía contra a ignorancia
DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana

porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...


Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra)
Blogues pola Lingua
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2008 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Camiñando ó son das montañas
Como vos comentaba onte, esta finde pasada Laura máis eu estivemos Camiñando ó son das montañas.

Trátase dunha actividade organizada pola concellería de xuventude: "Naturalmente Galiza", que consiste en pasar fins de semana en lugares de toda a xeografía galega.

Nesta viaxe fomos parar á Serra de San Mamede. Durmimos n'As Cocerizas, un centro respetuoso co medioambiente que se autoabastecía con enerxías renovables.

Estivemos alí de venres a domingo, por 22,5€ (30 sen carne xove) tiñamos o aloxamento e todo incluido:



Comida de producción ecolóxica e de comercio xusto (case non probámola carne).
Un rastreador profesional (algo friki) nos ensinou como interpretar os rastros dos animais.
Fixemos unha camiñata preciosa ata o pobo de Rebordechao.
Fixemos unha ruta a cabalo.
Disfrutamos dunha terapia termal nun balneario.
...


Incrible!!



Igual vos podedes apuntar, unha parella que estivo con nós este finde se apuntara unha semana antes, resulta que hai xente que se da de baixa. Se fose vos probaría sorte!!

Aquí a info completa!
As Corcerizas
Naturalmente Galiza
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 14-05-2008 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Habemus Polo!
Miña tía levaba dez anos con el e decidiuse cambialo por un novo, así foi como conseguín o meu Polo de Fresa!

Deixoumo moi ben de prezo. Está moi coidadiño (o mozo da miña tía é mecánico) e ten algún q outro rasguño pero nada grave.

O seu gran estreno foi levándoo de camiño a Ourense esta fin de semana. Non pasaba case nunca dos 100km/h, pero o consumo parece ser de menos de 5litros/100km ;)

Tiven moita sorte!! :D

PD: a foto no Centro de Educación Ambiental das Corcerizas, ó que fomos nunha visita guiada o fin da semana Ó Son das Montañas. Gracias ó programa "Naturalmente Galiza", mañá vos falo del.
Parrafeo (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2008 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Elevador de bicis en Noruega


O que non inventen... a verdá q fai máis fáciles de subir as costas ;)

Seica este elevador leva dende o 93 instalado (pono ó final do vídeo).
Parrafeo (9) - Categoría: De ruta - Publicado o 06-05-2008 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mini-reto
Moi boas! últimamente teño o blog moi abandonado, xa sexa por traballar ou pq ando a outras cousas, o caso é que lle dedico muito menos tempo.

Tratarei de seguir con el (xa vai máis dun ano e lle teño apego jiji), inda q a frecuencia de actualizacións non será tan habitual como antes.

Cousas desta vida capitalista q nos tocou vivir ;)

Déixovos un reto ata a próxima actualización, a ver quen de vós e capaz de resolver este enigma:

4 amigos teñen que cruzar a ponte no menor tempo posible:

* O primeiro tarda en cruzalo 10 min.
* O segundo tarda en cruzalo 7 min.
* O terceiro tarda en cruzalo 2 min.
* O cuarto tarda en cruzalo 1 min.


Só poden cruzalo 2 persoas á vez e só teñen unha lanterna, polo que cando crucen 2 sempre ten q volver un a polos que queden e alumbrarlles. A ida e a volta consumen tantos minutos como os que tarda o máis lento.


Pulsa aquí pra facer o cálculo de forma máis amena.

Edito: podedes pensar q a solución máis rápida é de 21min, pero non! hai outra máis rápida na q só se tardan 17min!!

PD: veña q é fácil, a ver quen o resolve primeiro ;)
PD2: cando o resolvades non escribades a solución, senon o resto xa non se esforza jijiji
Parrafeo (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"

Eu
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal