|
|
|
|
Fotografía, gastronomía e música en Maceda |
|
O 5 de abril de 2014 ás 20 h. no hotel monumento Castelo de Maceda inaugurase a exposición fotográfica da fotografa Rita Blanco Fernández que baixo o nome ?Xungir non é esmorecer, senón medrar? presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Castelo de Maceda desde o día 5 ata o día 13 de abril. Como complemento das fotografias atoparanse expostos tamén un traxe e unha máscara de cada un de estes persoaxes.
Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernandez combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das suas paixons por un lado a sua afición a fotografía como reportaxe a fin de captar esceas non estaticas, buscando a descripción do movemento como sinatura caracteristica e a súa outra paixon os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.
A continuación da inauguración da exposición e dentro da terceira edición das xornadas de Fado e Gastronomía que se levan a cabo no Castelo terá lugar a cea elaborada polo cociñeiro e xerente do Castelo, Carlos Parra e para rematar a xornada a actuación da fadista María do Ceo.
Programa:
20 h. Inauguración da exposición ?Xungir non é esmorecer, senón medrar?
21:30 h. Cea
23:30 h. Actuación da fadista María do Ceo.
Para reserva para a cea ou máis información: info@hotelcastillodemaceda.com Telf. 988463367 |
|
|
|
|
|