|
|
|
Fados e Gastronomía 4 marzo |
|
O xerente do Hotel Castelo de Maceda ten o pracer de anunciar unha nova Tempada de Xornadas de Fado e Gastronomía, a celebrar no Castelo de Maceda. Comezamos o sábado 4 de marzo de 2017
PROGRAMA
21:30 horas: Cea
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo
Lugar: restaurante Castelo de Maceda
Día: Sábado, 4 de marzo de 2017
Rógase confirmación ás xornadas neste correo: info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67
Carlos Parra |
|
|
|
Cocido de Entroido |
|
O 12 de febreiro de 2017 volvemos de novo a estar a disposición dos nosos clientes e queremos celebrar dun clásico da gastrónomia galega desta época do ano como é o ?Cocido de Entroido?.
Ven a disfrutar do Hotel Monumento Castelo de Maceda, dun estupendo cocido da man do noso cociñeiro Carlos Parra por un prezo de 20 euros.
Reserva anticipada no telefono 988 46 3367 ou no correo info@castillodemaceda.com
|
|
|
|
Premios Especiais Xantar 2017 |
|
A finalizado a 18ª edición de Xantar sendo un dos grandes encontros gastronómicos a nivel internacional. 232 expositores, e 15 restaurantes durante 5 días.
O sábado día 4 de febreiro de 2017 nun acto coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, no acto central do día entregáronse os Premios Especiais de Xantar para recoñecer a aqueles expositores que na súa participación na feira ofrecen algo diferente aos visitantes.
Os premiados Xantar 2017 foron:
- Premio ao Mellor Stand Restaurante: Concello de Maceda.
- Premio ao Mellor Stand de Alimentación: Consello Galego de Cooperativas, stand que aglutina a 8 cooperativas dedicadas á produción de distintos alimentos como lácteos, viños ou embutidos.
- Dous Premios á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Un para a Entidade de Turismo Porto e Norte e o segundo para a Autoridade de Turismo de Panamá pola promoción internacional.
- Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Consellería do Mar por organizar dous talleres diarios e outras actividades para promocionar os peixes e mariscos galegos.
Tamén se entregados os premios do VII Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.
Os premiados foron:
1º premio: Sabores de Felgueiras da Cámara Municipal de Felgueiras (Portugal).
2º premio: Festa de Langosta da Garda do Concello da Garda.
3º premio: Carballo por etapas do Concello de Carballo.
Accesit: Festa da Bica de Trives.
|
|
|
|
Feira Xantar, día dedicado a Maceda |
|
O domingo día 5 de febreiro de 2017, como acto importante da 16ª edición de ?Xantar? Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra nas instalacións de Expourense dedicaran o día os Patrocinadores e Colaboradores de ?Xantar? con dedicación especial o Camino de Santiago, Concello de Maceda, Concello de Arnoia, Concello de Sober, Concello de Vila de Cruces, Concello de O Barco de Valdeorras e á Federación Galega de Concellos e Provincias.
Así como día especial de Maceda terá lugar no restaurante de Maceda unha edición especial do menú que se degustará durante os días do salón elaborado por Carlos Parra, cociñeiro e xerente do Hotel Monumento Castelo de Maceda consistente en:
- Táboa de xamón de porco criado con castañas.
- Coxas de paspallás en escabeche.
- Filloas de lacón con grelos.
- Boletus estofados.
- Medallóns de solombo de Porco Celta á prancha con compota de mazá e froitos vermellos ou Cabrito asado ao estilo da serra con ensalada.
- Torrijas de bica con xeado de castaña e sirope de licor café.
Pan e viño D.O. Ribeira Sacra.
Os veciños/as de Maceda poderán degustalo o prezo de 20 ?.
Importante: para poder disfrutar de este prezo, é necesario confirmar asistencia antes do venres 3 de febreiro no Teléfono de reserva: 630 614 589.
|
|
|
|