Castelo de Maceda - Hotel Monumento


Bienvenidos a castelodemaceda

Mi perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARCHIVO
 ANTERIORES

Exposición de Luís Pachón
luis, pachon, ceramica, pintor, maceda, castilloExposición de Luís Pachón, pintor-ceramista que se poderá visitar dende o sábado 14 de decembro de 2013 ata o lúns 6 de xaneiro de 2014 na Torre da Homenaxe do Hotel Monumento Castelo de Maceda.

Luís Pachón, nacido e residente en Allariz, formouse en Cádiz (Artes e Oficios) e Madrid (debuxo, pintura e música).
Desde 1977 vén participando, como pintor e ceramista, en ducias de exposicións individuais e colectivas no País Vasco, Cataluña, Castilla y León, Galicia e Francia. As súas obras están presentes en coleccións públicas e privadas.
Despois de participar en experiencias docentes no País Vasco e en diversas vilas ourensás, na actualidade é mestre de Cerámista no C.P.I.F.P.O. Santa María de Europa (Ourense) e na Escola de Artes e Oficios de Verín.

Luís Pachón é un pintor de orde, dono dunha serea execución. Á marxe da experimentación, encontra na augarela un refuxio íntimo. Con esa técnica outórgalle ó cadro ese engado eterno, símbolo visible da beleza e do gozo.

Como ceramista fai medrar a imaxinación na procura da xeometría natural das cousas. As súas pezas posúen acaso un corazón nutrido de rompentes. Coas súas mans conquista os signos do vento, do lume e da terra fabulosa, transmitíndonos a maxia da noite e do sol de Allariz.
Castelo de Maceda
Luís Pachón
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 22-12-2013 14:59
# Enlace permanente a este artículo
Especial Nadal, despedida xornadas de Outono
panxoliñAS E FADO NO castelo de maceda O PRÓXIMO 21 DE DECEMBRO

Unha noite moi especial de fados e panxoliñas na voz de María do Ceo agárdanos no hotel monumento Castelo de Maceda o próximo 21 de decembro de 2013. A nova cita "Especial Nadal" converterase no peche das segundas xornadas Fado e Gastronomía que se celebran no restaurante do castelo este ano. A actuación da fadista ourensá María do Ceo terá nesta ocasión un engadido especial coa interpretación de panxoliñas dun lado e do outro do Miño. E como sempre acompañarase o fado e as panxoliñas cunha gran cena e un ambiente exclusivo nun entorno único. O peche da tempada de Outono de Fados e Gastronomía empezará ás nove e media da noite coa cena e a continuación a actuación de María do Ceo.

PROGRAMA 21 decembro. Restaurante do Castelo
21:30 horas: Cena
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo, con fados e panxoliñas

SE PRECISAN MÁIS INFORMACIÓN PODEN CONTACTAR:
info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67

Carlos Parra
Xerente do Hotel Castelo de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 14-12-2013 03:10
# Enlace permanente a este artículo
© by Abertal
Rúa do Castelo, s/n---- Telf: 988463367-667671368

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0