|
|
|
|
Entrega de Premio Manuel Gómez Roman |
|
Acto de entrega de Premio Manuel Gómez Román de Arquitectura á recuperación do hábitat rural e construcións adxectiva.
O Acto terá lugar o sábado 16 de novembro de 2013 ás 12:30 horas no Castelo de Maceda
Premios concedidos pola Asociación de Amigos do Castelo de Maceda (Setestrelo) en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Ourense, o Concello de Maceda, Castelo de Maceda e o Grupo Academia-Postal.
No acto tera lugar a:
- Concesión da Medalla de Prata de ?Setestrelo? para o doutor arquitecto Don Andrés Fernández-Albalat Lois.
- Premios Manuel Gómez Román, de Arquitectura 2013, a Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela, e ao Estudo de Arquitectura Salgado e Liñares.
- Nomeamento e entrega de Credenciais ás personalidades nomeadas neste ano, Membros Honoríficos de ?Setestrelo?
As persoas que desexen aproveitar a oporturnidade do acto para coñecer o novo servizo de restaurante do Hotel Monumento do Castelo de Maceda, poderán xantar nas súas instalacións, ás 14.30 h.
É preciso facer reserva previa ao teléfono do Castelo 988463367 e abono en conta bancaria. De seguido se indica o menú especial, custe e datos para reservas.
Menú:
Labras de xamón de bodega.
Táboa de queixos galegos.
Zancos de paspallás en escabeche con fideos de pemento de Oímbra ao alliño.
Fabas con xabaril.
-----------
Cabrito asado ou entrecosto de cervo albardado á prancha, con froitos do bosque e manzá ao forno.
ou
Rodaballo á prancha ou ao forno
------------
Torta de queixo con crema de castaña.
Viño Godello e Mencía e café
------------
Menú 25,00? por persoa. Reservas e abono previos:
Telf. 988 46 33 67, conta bancaria: 0030 6047 99 0000683271 |
|
|
|
2ª xornada de Fados e Gastronomía |
|
O xerente do Hotel Castelo de Maceda ten o pracer de anunciar o regreso das Xornadas de Fado e Gastronomía, tempada de Outono a celebrar no Castelo de Maceda durante os próximos meses.
Segunda xornada de fados e gastronomía desta segunda edición o sábado día 9 de novembro de 2013.
PROGRAMA
21:30 horas: Cóctel de benvida
22:00 horas: Cena
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo
Lugar: restaurante Castelo de Maceda
Día: Sábado, 9 de novembro de 2013
Rógase confirmación ás xornadas neste correo: info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67
As xornadas de Fado de Outono contarán con outra actuación máis o 21 de decembro.
Carlos Parra |
|
|
|
|
|