Castelo de Maceda - Hotel Monumento


Bienvenidos a castelodemaceda

Mi perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARCHIVO
 ANTERIORES

Pobo Fantasma
En Chaioso, preto do Castelo de Maceda o venres e sábado 1 e 2 de agosto de 2014 celebrasé o Pobo Fantasma.

Ven a xogar e pasar medo con nós.
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 29-07-2014 12:56
# Enlace permanente a este artículo
Fotografía, gastronomía e música en Maceda
exposicion felos pantallas vergalleirosO 5 de abril de 2014 ás 20 h. no hotel monumento Castelo de Maceda inaugurase a exposición fotográfica da fotografa Rita Blanco Fernández que baixo o nome ?Xungir non é esmorecer, senón medrar? presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Castelo de Maceda desde o día 5 ata o día 13 de abril. Como complemento das fotografias atoparanse expostos tamén un traxe e unha máscara de cada un de estes persoaxes.

Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernandez combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das suas paixons por un lado a sua afición a fotografía como reportaxe a fin de captar esceas non estaticas, buscando a descripción do movemento como sinatura caracteristica e a súa outra paixon os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

A continuación da inauguración da exposición e dentro da terceira edición das xornadas de Fado e Gastronomía que se levan a cabo no Castelo terá lugar a cea elaborada polo cociñeiro e xerente do Castelo, Carlos Parra e para rematar a xornada a actuación da fadista María do Ceo.

Programa:

20 h. Inauguración da exposición ?Xungir non é esmorecer, senón medrar?
21:30 h. Cea
23:30 h. Actuación da fadista María do Ceo.

Para reserva para a cea ou máis información: info@hotelcastillodemaceda.com Telf. 988463367
Web Castelo de Maceda
Blog sobre os Felos
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 01-04-2014 00:01
# Enlace permanente a este artículo
Exposición de Luís Pachón
luis, pachon, ceramica, pintor, maceda, castilloExposición de Luís Pachón, pintor-ceramista que se poderá visitar dende o sábado 14 de decembro de 2013 ata o lúns 6 de xaneiro de 2014 na Torre da Homenaxe do Hotel Monumento Castelo de Maceda.

Luís Pachón, nacido e residente en Allariz, formouse en Cádiz (Artes e Oficios) e Madrid (debuxo, pintura e música).
Desde 1977 vén participando, como pintor e ceramista, en ducias de exposicións individuais e colectivas no País Vasco, Cataluña, Castilla y León, Galicia e Francia. As súas obras están presentes en coleccións públicas e privadas.
Despois de participar en experiencias docentes no País Vasco e en diversas vilas ourensás, na actualidade é mestre de Cerámista no C.P.I.F.P.O. Santa María de Europa (Ourense) e na Escola de Artes e Oficios de Verín.

Luís Pachón é un pintor de orde, dono dunha serea execución. Á marxe da experimentación, encontra na augarela un refuxio íntimo. Con esa técnica outórgalle ó cadro ese engado eterno, símbolo visible da beleza e do gozo.

Como ceramista fai medrar a imaxinación na procura da xeometría natural das cousas. As súas pezas posúen acaso un corazón nutrido de rompentes. Coas súas mans conquista os signos do vento, do lume e da terra fabulosa, transmitíndonos a maxia da noite e do sol de Allariz.
Castelo de Maceda
Luís Pachón
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 22-12-2013 14:59
# Enlace permanente a este artículo
Especial Nadal, despedida xornadas de Outono
panxoliñAS E FADO NO castelo de maceda O PRÓXIMO 21 DE DECEMBRO

Unha noite moi especial de fados e panxoliñas na voz de María do Ceo agárdanos no hotel monumento Castelo de Maceda o próximo 21 de decembro de 2013. A nova cita "Especial Nadal" converterase no peche das segundas xornadas Fado e Gastronomía que se celebran no restaurante do castelo este ano. A actuación da fadista ourensá María do Ceo terá nesta ocasión un engadido especial coa interpretación de panxoliñas dun lado e do outro do Miño. E como sempre acompañarase o fado e as panxoliñas cunha gran cena e un ambiente exclusivo nun entorno único. O peche da tempada de Outono de Fados e Gastronomía empezará ás nove e media da noite coa cena e a continuación a actuación de María do Ceo.

PROGRAMA 21 decembro. Restaurante do Castelo
21:30 horas: Cena
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo, con fados e panxoliñas

SE PRECISAN MÁIS INFORMACIÓN PODEN CONTACTAR:
info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67

Carlos Parra
Xerente do Hotel Castelo de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 14-12-2013 03:10
# Enlace permanente a este artículo
Entrega de Premio Manuel Gómez Roman
entrega premios Manuel Gómez RomanActo de entrega de Premio Manuel Gómez Román de Arquitectura á recuperación do hábitat rural e construcións adxectiva.

O Acto terá lugar o sábado 16 de novembro de 2013 ás 12:30 horas no Castelo de Maceda
Premios concedidos pola Asociación de Amigos do Castelo de Maceda (Setestrelo) en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Ourense, o Concello de Maceda, Castelo de Maceda e o Grupo Academia-Postal.

No acto tera lugar a:

- Concesión da Medalla de Prata de ?Setestrelo? para o doutor arquitecto Don Andrés Fernández-Albalat Lois.
- Premios Manuel Gómez Román, de Arquitectura 2013, a Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela, e ao Estudo de Arquitectura Salgado e Liñares.
- Nomeamento e entrega de Credenciais ás personalidades nomeadas neste ano, Membros Honoríficos de ?Setestrelo?

As persoas que desexen aproveitar a oporturnidade do acto para coñecer o novo servizo de restaurante do Hotel Monumento do Castelo de Maceda, poderán xantar nas súas instalacións, ás 14.30 h.
É preciso facer reserva previa ao teléfono do Castelo 988463367 e abono en conta bancaria. De seguido se indica o menú especial, custe e datos para reservas.

Menú:

Labras de xamón de bodega.
Táboa de queixos galegos.
Zancos de paspallás en escabeche con fideos de pemento de Oímbra ao alliño.
Fabas con xabaril.
-----------
Cabrito asado ou entrecosto de cervo albardado á prancha, con froitos do bosque e manzá ao forno.
ou
Rodaballo á prancha ou ao forno
------------
Torta de queixo con crema de castaña.
Viño Godello e Mencía e café
------------
Menú 25,00? por persoa. Reservas e abono previos:
Telf. 988 46 33 67, conta bancaria: 0030 6047 99 0000683271
Hotel Castelo de Maceda
Asociación Setestrelo
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 13-11-2013 16:30
# Enlace permanente a este artículo
2ª xornada de Fados e Gastronomía
Maria do Ceo, xornadas fado gastronomiaO xerente do Hotel Castelo de Maceda ten o pracer de anunciar o regreso das Xornadas de Fado e Gastronomía, tempada de Outono a celebrar no Castelo de Maceda durante os próximos meses.

Segunda xornada de fados e gastronomía desta segunda edición o sábado día 9 de novembro de 2013.

PROGRAMA

21:30 horas: Cóctel de benvida
22:00 horas: Cena
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo
Lugar: restaurante Castelo de Maceda
Día: Sábado, 9 de novembro de 2013

Rógase confirmación ás xornadas neste correo: info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67

As xornadas de Fado de Outono contarán con outra actuación máis o 21 de decembro.

Carlos Parra
Hotel Castelo de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 04-11-2013 19:50
# Enlace permanente a este artículo
Halloween 2013
Halloween, Samhain, Noche de Brujas, Noche de Difuntos, da igual como quieras denominar la noche del 31 de octubre de 2013, lo importante es que tengas ganas de ?Pasártelo de Miedo? por que si es así lo tienes fácil.

Ven a formar parte de este festejo secular en la cena que te proponemos desde el Castillo de Maceda, celebrar el fin del verano, zombies, brujas, vampiros, duendes, princesas atormentadas, espíritus errantes, fantasmas, ? todos unidos en esta noche con un único fin, el de disfrutar de una buena mesa en buena compañia, y continuar con la fiesta después de la cena.

¿Truco o Trato?

Plazas limitadas, coste 25 euros.
Reservas en Telf. 988 463 367 - e-mail: info@hotelcastillodemaceda.com
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 23-10-2013 22:56
# Enlace permanente a este artículo
Regresan as ?Xornadas de Fado e Gastronomía?
Maria do Ceo, xornadas fado gastronomiaO xerente do Hotel Castelo de Maceda ten o pracer de anunciar o regreso das Xornadas de Fado e Gastronomía, tempada de Outono a celebrar no Castelo de Maceda durante os próximos meses.

Comezaremos de novo esta segunda edición o sábado día 19 de novembro de 2013.

PROGRAMA

21:30 horas: Cóctel de benvida
22:00 horas: Cena
23:00 horas: Actuación fadista María do Ceo
Lugar: restaurante Castelo de Maceda
Día: Sábado, 19 de outubro de 2013

Rógase confirmación ás xornadas neste correo: info@hotelcastillodemaceda.com ou no teléfono do Castelo de Maceda: 988 46 33 67

As xornadas de Fado de Outono contarán con dúas actuacións máis o 9 de novembro e o 21 de decembro.
Durante os próximos meses iremos informando.

Carlos Parra
Hotel Castelo de Maceda
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 14-10-2013 16:33
# Enlace permanente a este artículo
Fiesta Remenber "Radio Maceda"
fiesta radio maceda casteloEl sábado 17 de agosto de 2013 en el Castillo de Maceda tendrá lugar la "Fiesta Remember Radio Maceda" en la que esperemos será un reencuentro de amigos, oyentes y seguidores de la radio hecha en Maceda, de todos aquellos que tuvieron algo que ver con ese fenomeno médiatico de los años 80 y 90 en nuestra comarca.

En este reencuentro contaremos con música de los 90 y entre los que amenizaran la fiesta estaran los exlocutores de Radio Maceda.

La entrada es libre y la fiesta comenzara a partir de las 12 de la noche.

Tambien se celebrará una cena con los exlocutores en el restaurante del Castillo de Maceda, los interesados en participar en la cena pueden adquirir los tickets en
Marlingo Arte Manualidades, enfrente del cruce de la carretera de los Milagros.

Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 08-08-2013 13:16
# Enlace permanente a este artículo
Día da Abella
dia da abella castelo de macedaCelebrarase o 18 de agosto de 2013 no Castelo de Maceda, por primeira vez en Galicia, seguindo unha corrente mundial, o Concello de Maceda e AGA, (Asociación Galega de Apicultura), organizan o DIA DA ABELLA en Maceda.

Este día estará adicado a resaltar a imprencisdible labor das abellas tanto para o medio ambiente coma para a produción de alimentos debido a súa labor polinizadora -(máis dun cuarto de millón de plantas florais, así como outras moitas especies cruciais para a agricultura, vexetais ou árbores frutais que consumimos a diario, dependen das abellas)- e ó mesmo tempo queremos dar a coñecer os maravillosos tesouros da colmea ( mel, pole, xalea real, própole, cera etc).
Dun xeito ameno e divertido pretendemos achegar o mundo das abellas ó gran público, e que éste tome conciencia da importancia de preservar o medio ambiente e a biodiversidade como sustento da vida na Terra e dunha alimentación saudable e que corre grandes riscos na actualidade.
Se observamos o comportamento cambiante das abellas vemos que son seres moi sensibles ós cambios climáticos, á chegada de novos inimigos foráneos e ó actual modelo de produción de alimentos baseado nunha agricultura industrial coa xeneralizada aplicación de pesticidas que fan desaparecer entre un 35 e 40% dos nosos enxames anualmente, cando fai 20 anos atrás desaparecía entre o 5-7%.
A Provincia de Ourense está moi ben dotada para a produción apícola e conta na actualidade con 42.653 colmeas que coidan 867 abelleir@s.
SE DESAPARECESEN AS ABELLAS, A VIDA SERÍA CASE IMPOSIBLE
Fundación Biodiversidad Española

Programa de actividades:
Entre as 11 e as 20 h.:


- Feira do Mel: As abelleiras e abelleiros ourensans ofrecerán ó público os mellores produtos das súas abellas da colleita deste ano.
- Apiexpo: Dentro do Castelo contaremos cunha exposición didáctica que permitirá ós visitantes familiarizarse co mundo das abellas
- Degustación de productos da colmea
- Programa Lúdico-Abelleiro: pensado fundamentalmente para os máis pequenos, discurrirá no foso do Castelo, e contará con distintos obradoiros (elaboración de candeas con cera de abellas, reciclaxe, debuxo, globoflexia?) e xogos para que os cativos o pasen ben.
- Apiexhibición: como non podía ser doutro xeito, as abellas (protagonistas do evento) estarán presentes nunha colmea de vidro que nos permitirá observar a sorprente organización destes insectos. Tamén nos axudará a perder o medo ás abellas a actuación do enxame amestrado.
- A Esmelga: En directo, procederemos a extraer o mel dos panais e dalo a probar tal como ben de ser elaborado polas abellas,
- Apixantan: En calquer evento que se precie non pode faltar a gastronomía, neste caso Carlos Parra, o prestixioso cociñeiro ourensán e rexente do hotel monumento , ofrecerános un delicioso menú no restaurante do Castelo, baseado nos productos da colmea.

Para máis información:
Suso Asorey. Secretário-técnico de AGA: 630 069 635
Fina (AGA-Ourense): 988 290395 686795118
Concello de Maceda: 988 463001
Comentarios (0) - Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 08-08-2013 13:01
# Enlace permanente a este artículo
© by Abertal
Rúa do Castelo, s/n---- Telf: 988463367-667671368

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0