Castelo de Maceda - Hotel Monumento


Bienvenidos a castelodemaceda

Mi perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARCHIVO
 ANTERIORES

Premios Especiais Xantar 2017
Entrega Premios Xantar 2017A finalizado a 18ª edición de Xantar sendo un dos grandes encontros gastronómicos a nivel internacional. 232 expositores, e 15 restaurantes durante 5 días.
O sábado día 4 de febreiro de 2017 nun acto coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, no acto central do día entregáronse os Premios Especiais de Xantar para recoñecer a aqueles expositores que na súa participación na feira ofrecen algo diferente aos visitantes.

Os premiados Xantar 2017 foron:
- Premio ao Mellor Stand Restaurante: Concello de Maceda.
- Premio ao Mellor Stand de Alimentación: Consello Galego de Cooperativas, stand que aglutina a 8 cooperativas dedicadas á produción de distintos alimentos como lácteos, viños ou embutidos.
- Dous Premios á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Un para a Entidade de Turismo Porto e Norte e o segundo para a Autoridade de Turismo de Panamá pola promoción internacional.
- Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Consellería do Mar por organizar dous talleres diarios e outras actividades para promocionar os peixes e mariscos galegos.

Tamén se entregados os premios do VII Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas de Galicia e Portugal.
Os premiados foron:
1º premio: Sabores de Felgueiras da Cámara Municipal de Felgueiras (Portugal).
2º premio: Festa de Langosta da Garda do Concello da Garda.
3º premio: Carballo por etapas do Concello de Carballo.
Accesit: Festa da Bica de Trives.
Hotel Monumento Castelo de Maceda
Salón Xantar
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 09-02-2017 23:14
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa do Castelo, s/n---- Telf: 988463367-667671368

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0