Castelo de Maceda - Hotel Monumento


Bienvenidos a castelodemaceda

Mi perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARCHIVO
 ANTERIORES

Feira Xantar, día dedicado a Maceda
xantar 2017 salon gastronomicoO domingo día 5 de febreiro de 2017, como acto importante da 16ª edición de “Xantar” Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra nas instalacións de Expourense dedicaran o día os Patrocinadores e Colaboradores de “Xantar” con dedicación especial o Camino de Santiago, Concello de Maceda, Concello de Arnoia, Concello de Sober, Concello de Vila de Cruces, Concello de O Barco de Valdeorras e á Federación Galega de Concellos e Provincias.

Así como día especial de Maceda terá lugar no restaurante de Maceda unha edición especial do menú que se degustará durante os días do salón elaborado por Carlos Parra, cociñeiro e xerente do Hotel Monumento Castelo de Maceda consistente en:

- Táboa de xamón de porco criado con castañas.
- Coxas de paspallás en escabeche.
- Filloas de lacón con grelos.
- Boletus estofados.
- Medallóns de solombo de Porco Celta á prancha con compota de mazá e froitos vermellos ou Cabrito asado ao estilo da serra con ensalada.
- Torrijas de bica con xeado de castaña e sirope de licor café.
Pan e viño D.O. Ribeira Sacra.

Os veciños/as de Maceda poderán degustalo o prezo de 20 €.

Importante: para poder disfrutar de este prezo, é necesario confirmar asistencia antes do venres 3 de febreiro no Teléfono de reserva: 630 614 589.
Hotel Monumento Castelo de Maceda
Salón Xantar
Concello de Maceda
Categoría: 07 - Actividades - Publicado el 01-02-2017 22:35
# Enlace permanente a este artículo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Rúa do Castelo, s/n---- Telf: 988463367-667671368