|
|
|
|
| Cuestionario de Proust |
|
Agradézolle o convite á Costureira
1. O principal trazo do meu carácter?
A impaciencia e a indecisión
2. A calidade que prefiro nun home?
A sinceridade
3. A calidade que desexo nunha muller?
A sinceridade
4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Que existan
5. O meu principal defecto?
Falar antes de pensar, non saber esperar (e tantos outros...)
6. A miña ocupación preferida?
Estar coa xente que quero
7. O meu soño?
Cada noite un distinto
(Na versión de Doris Dei, por suposto)
8. Cal sería a miña maior desgraza?
A morte das persoas que quero
9. Que quixera ser?
Con ser eu xa teño bastante
10. Onde desexaría vivir?
En Santiago non estou mal
11.A cor que prefiro?
Azul (sobre todo o claro)
12.A flor que prefiro?
A rosa
13.O paxaro que prefiro?
Non son moito de aves.
14.Os meus autores preferidos en prosa?
Castelao, Ánxel Fole, Saramago...
15. Os meus poetas preferidos?
Pessoa
16. Os meus heroes de ficción?
Macguiver
17. As miñas heroínas de ficción?
Bridget Jones (hehehe)
18. Os meus compositores preferidos?
Caetano Veloso
19. Os meus pintores predilectos?
Non entendo de pintura, pero Picasso gústame
20. Os meus heroes da vida real?
Os homes que teño/tiven máis próximos
21. As miñas heroínas históricas?
As mulleres que teño/tiven máis próximas
22. Os meus nomes favoritos?
Nuno e Duarte
23. Que detesto máis que nada?
A incoherencia e a demagoxia
24. Que caracteres históricos desprezo máis?
As ditaduras
25. Que feito militar admiro máis?
Non me vai moito o militar...
26. Que reforma admiro máis?
Non son consciente de ningunha que admire tanto como para mencionala
27. Que dons naturais quixeras ter?
Non sei se é natural pero forza de vontade
28. Como me gustaría morrer?
Sen dor
29. Estado presente do meu espírito?
Axitado, inquieto, por veces desesperado
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
As mentiras piadosas se son moi piadosas
31. O meu lema?
O que repito na actualidade constantemente para autoconvencerme é "Nunca choveu que non escampara" |
|
|
|
|
| ALBAROQUE 2007 |
|
 APÚNTATE AO ALBAROQUE 2007.
Toda a información en www.blogoteca.com/albaroque
|
|
|
|
|
| Ai, ai, ai |
|
| Onte leo isto no blog de Depósito. Hoxe por casualidade atopo esta nova na páxina de La Voz. |
|
|
|
|
| Galescolas porque están en Galiza, non porque sexan en galego |
|
E eu que pensaba que o do nome era porque ían ser escolas en galego (sen porcentaxes...)
Claro, é que xa me di miña nai que creo nos paxariños preñados. |
|
|
|
|
| Que cara teñen... |
|
Vexo esta noticia na folla parroquial, incluídos os comentarios, e penso: que cara teñen, pero isto é o mundo ao revés!!!
Nena, ten coidado, que eu creo que tanta cirurxía e auga osixenada non che están facendo ben...
|
|
|
|
|
| Banda sonora da semana |
|
Este foi o mellor concerto da miña vida.
Há palavras que nos beijam
Há palavras que nos beijam
Como se tivesem boca.
Palavras de amor, de esperança,
De imenso amor, de esperança louca.
Palavras nuas que beijas
Quando a noite perde o rosto;
Palavras que se recusam
Aos muros do teu desgosto.
De repente coloridas
Entre palavras sem cor,
Esperadas inesperadas
Como a poesia ou o amor.
(O nome de quen se ama
Letra a letra revelado
No mármore distraído
No papel abandonado).
Palavras que nos transportan
Aonde a noite é máis forte,
Ao silêncio dos amantes
Abraçados contra a morte. |
|
|
|
|
| Abrazo |
|
| Hoxe case lle dou un abrazo na rúa a unha persoa que só coñezo porque lle lin dous libros, nunca falei con ela. E entón pensei, ao mellor estes estes non son tan friquis como eu pensaba. O peor de todo é que non sei se alegrarme ou sentirme ridícula... |
|
|
|
|
| Eras o tal pra min... |
|
O último romântico
...
Talvez eu seja o último romântico
Dos litorais desse oceano Atlântico
Só falta reunir a zona norte à zona sul
Iluminar a vida
Já que a morte cai do azul
Só falta de querer
Te ganhar e te perder
Falta eu acordar
Ser gente grande pra poder chorar
...
Caetano Veloso, Noites do norte (ao vivo) |
|
|
|
|
| Libros para a viaxe |
|
E que libros vos acompañarían?
Tamén propoño:
- Melodía de días usados (Anxos Sumai)
- Brooklyn folies (Paul Auster)
O primeiro xa volo recomendei. O segundo aínda non o lin, ao mellor algún/ha de vós si... |
|
|
|
|
| Banda sonora |
|
Cal sería a vosa banda sonora para unha viaxe de autobús de arredor de cinco horas?
Eu propoño unha:
- Marful
- Sabina
- Caetano Veloso
- Bebe
|
|
|
|
|
|
|
|