A casa do picho


Teño intención de quedar por aquí...

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuestionario de Proust
Agradézolle o convite á Costureira

1. O principal trazo do meu carácter?
A impaciencia e a indecisión

2. A calidade que prefiro nun home?
A sinceridade

3. A calidade que desexo nunha muller?
A sinceridade

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Que existan

5. O meu principal defecto?
Falar antes de pensar, non saber esperar (e tantos outros...)

6. A miña ocupación preferida?
Estar coa xente que quero

7. O meu soño?
Cada noite un distinto

(Na versión de Doris Dei, por suposto)

8. Cal sería a miña maior desgraza?
A morte das persoas que quero

9. Que quixera ser?
Con ser eu xa teño bastante

10. Onde desexaría vivir?
En Santiago non estou mal

11.A cor que prefiro?
Azul (sobre todo o claro)

12.A flor que prefiro?
A rosa

13.O paxaro que prefiro?
Non son moito de aves.

14.Os meus autores preferidos en prosa?
Castelao, Ánxel Fole, Saramago...

15. Os meus poetas preferidos?
Pessoa

16. Os meus heroes de ficción?
Macguiver

17. As miñas heroínas de ficción?
Bridget Jones (hehehe)

18. Os meus compositores preferidos?
Caetano Veloso

19. Os meus pintores predilectos?
Non entendo de pintura, pero Picasso gústame

20. Os meus heroes da vida real?
Os homes que teño/tiven máis próximos

21. As miñas heroínas históricas?
As mulleres que teño/tiven máis próximas

22. Os meus nomes favoritos?
Nuno e Duarte

23. Que detesto máis que nada?
A incoherencia e a demagoxia

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
As ditaduras

25. Que feito militar admiro máis?
Non me vai moito o militar...

26. Que reforma admiro máis?
Non son consciente de ningunha que admire tanto como para mencionala

27. Que dons naturais quixeras ter?
Non sei se é natural pero forza de vontade

28. Como me gustaría morrer?
Sen dor

29. Estado presente do meu espírito?
Axitado, inquieto, por veces desesperado

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
As mentiras piadosas se son moi piadosas

31. O meu lema?
O que repito na actualidade constantemente para autoconvencerme é "Nunca choveu que non escampara"
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2007 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ALBAROQUE 2007

APÚNTATE AO ALBAROQUE 2007.

Toda a información en www.blogoteca.com/albaroque
Comentarios (96) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2007 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ai, ai, ai
Onte leo isto no blog de Depósito. Hoxe por casualidade atopo esta nova na páxina de La Voz.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2007 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galescolas porque están en Galiza, non porque sexan en galego
E eu que pensaba que o do nome era porque ían ser escolas en galego (sen porcentaxes...)

Claro, é que xa me di miña nai que creo nos paxariños preñados.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2006 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que cara teñen...
Vexo esta noticia na folla parroquial, incluídos os comentarios, e penso: que cara teñen, pero isto é o mundo ao revés!!!

Nena, ten coidado, que eu creo que tanta cirurxía e auga osixenada non che están facendo ben...

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2006 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Banda sonora da semana
Este foi o mellor concerto da miña vida.

Há palavras que nos beijam

Há palavras que nos beijam
Como se tivesem boca.
Palavras de amor, de esperança,
De imenso amor, de esperança louca.

Palavras nuas que beijas
Quando a noite perde o rosto;
Palavras que se recusam
Aos muros do teu desgosto.

De repente coloridas
Entre palavras sem cor,
Esperadas inesperadas
Como a poesia ou o amor.

(O nome de quen se ama
Letra a letra revelado
No mármore distraído
No papel abandonado).

Palavras que nos transportan
Aonde a noite é máis forte,
Ao silêncio dos amantes
Abraçados contra a morte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2006 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Abrazo
Hoxe case lle dou un abrazo na rúa a unha persoa que só coñezo porque lle lin dous libros, nunca falei con ela. E entón pensei, ao mellor estes estes non son tan friquis como eu pensaba. O peor de todo é que non sei se alegrarme ou sentirme ridícula...
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2006 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eras o tal pra min...
O último romântico

...

Talvez eu seja o último romântico
Dos litorais desse oceano Atlântico
Só falta reunir a zona norte à zona sul
Iluminar a vida
Já que a morte cai do azul

Só falta de querer
Te ganhar e te perder
Falta eu acordar
Ser gente grande pra poder chorar

...

Caetano Veloso, Noites do norte (ao vivo)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2006 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Libros para a viaxe
E que libros vos acompañarían?

Tamén propoño:

- Melodía de días usados (Anxos Sumai)
- Brooklyn folies (Paul Auster)

O primeiro xa volo recomendei. O segundo aínda non o lin, ao mellor algún/ha de vós si...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2006 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Banda sonora
Cal sería a vosa banda sonora para unha viaxe de autobús de arredor de cinco horas?

Eu propoño unha:

- Marful
- Sabina
- Caetano Veloso
- Bebe

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2006 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal