Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LITERAPIA
A literatura con fins terapeúticos. Ao estimular a imaxinación, o cerebro produce máis endorfinas e axuda ás células de defensa. Ése é o obxetivo desta iniciativa, que busca mellorar as condicions dos pacientes hospitalizados.

Na imaxinación de Andrés hoxe é un día glorioso, no que centos de soldados vestidos con pesadas e brillantes armaduras arrasan ao exército enimigo. Poren, o seu pequeno e fráxil corpo recibe otra invasión, pero ésta é moito máis real e cruel. Unha sesión de quimioterapia intenta gañarllela batalla ás células canceríxenas. Así, mentres Andrés, coa axuda da mediciña, loita por sobrevivir, a súa mente está ao lado dos victoriosos, lonxe da fría habitación do hospital e cada páxina que pasa do seu libro faino un pouco máis forte para poder gañarllela guerra á enfermidade.

Ésa é a función da ?literapia?, un proxecto no que participan médicos, filólogos, psicólogos, profesores i escritores, que propoñen o uso da lectura e a escritura coma un instrumento terapéutico. Impulsada pola fundación do Hospital Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela, aplícase a nenos e adultos hospitalizados ou con tratamentos de longa duración e conta co apoio da mismísima J. K. Rowling, autora da saga de Harry Potter. A iniciativa, que xa ten no seu haber máis de 3.000 obras, é respaldada por editoriais coma Salamandra, Galaxia ou a británica Colman Getty (editora de J. K. Rowling), e das fundacions José Antonio de Castro e Germán Sánchez Ruipérez.

REALIDADE MÁXICA

A teoría desta terapia é que, mentres o paciente lé, olvidase de que está no hospital e o seu sistema inmunolóxico sale fortalecido. ?Los libros te transportan a una realidad mágica y te ayudan a sobrellevar mejor el dolor?, asegura Manuel Freire-Garabal, profesor de Farmacoloxía da Universidade de Santiago e impulsor de ?literapia?.

Na práctica, é algo moito máis enriquecedor. Partendo da base de que un libro boo no lle fai mal a ninguén, e da man de Ruth Gómez, directora da Escola Camilo José Cela do Hospital Clínico Universitario de Santiago, tentamos descobrir o efecto curativo da literatura. A primeira evidencia é que, tal e como pregoa Ruth, dentro das paredes dun hospital un minuto non dura 60 segundos. É infinitamente máis longo. ?Los libros hacen que el tiempo pase más rápido y, además, te ayudan a evadirte durante unas horas de este lugar?, asegura a nai de Cristian, ingresado dende hai unhas semanas.

BENESTAR PARA TODOS

O desgaste hospitalario non ten misericordia. Algúns pais pasan días, meses e incluso anos no hospital, polo que se ven obrigados a deixar e seu traballo, a súa cidade i, en moitas ocasións, as súas propias vidas para poder estar xunto ós seus fillos. É o caso de Maika que, tras pasar cinco longos anos ao caron da súa filla, agradece a axuda dos libros para soportarlo mellor. Hoxe, que a sua nena xa no está, é a encarregada da ?ludomóvil?, unha especie de librería ambulante. ?Gracias a mi hija me inicié en la lectura y, como era muy inteligente, me ayudó mucho?, di alzando a vista ao ceo. ?Ahora sé que puedo ser útil a otras personas. He pasado mucho tiempo aquí, sé lo que es vivir en este lugar, cada día se convierte en las 24 horas más largas del mundo y los libros son una ayuda imprescindible; por lo menos, para nosotras lo fueron?, lembra emocionada.

As sesións de ?literapia? varían en función do grupo de traballo ao que estean enfocadas. Ainda que moitos pacientes aproveitan o recollemento das súas habitacions para ler, as sesions dirixidas impartense nas salas habilitadas polos centros de saude, como ocorre no Hospital de Santiago. Alí, os membros de ?literapia?, como Blanca Roig, profesora de Literatura da Universidad de Santiago de Compostela, moderan unha mesa redonda coa axuda de Ruth na que participan os nenos ingresados, os seus pais e algúns médicos doutras especialidades que, de maneira altruista, apoian esta iniciativa.

LIBROS POR TELENOVELAS

Blanca Roig tamén traballa cun grupo de rapazas adolescentes que padecen anorexia. Á espera de resultados concretos, como dato curioso destaca que as xóvenes cambiaron a telenovela polos comentarios de textos e as charlas literarias. ?Además, hemos constadado que no siempre un libro con final feliz es el más idóneo para un paciente triste. Por esa razón, estamos estudiando qué tipo de literatura es la más apropiada para cada enfermedad?, asegura Blanca.

A poucos minutos dalí, a sala de diálise do Hospital Policlínico da Rosaleda xa ten habilitada a zona na que estará ubicada a súa biblioteca. Fernando, á espera dun trasplante renal, pasa máis de catro horas diarias conectado a unha máquina. Para él, ler é cuestión de supervivencia mental.

FONTE DE CURACIÓN

Pero, ¿existen evidencias científicas de que a literatura axude a mitigar a dor? Según Ángela Torres, profesora de Psiquiatría, a resposta é sí. ?La lectura puede introducir cambios en las hormonas del estrés. Está demostrado que las personas con un elevado nivel de cortisol enferman con mayor facilidad. Si estimulamos la imaginación, el cerebro produce más endorfinas y reduce el cortisol. Rompes el equilibrio a favor de los células de defensa?.

Pola súa parte, o catedrático Darío Villanueva, membro da Real Academia Española da Lingua e de ?literapia?, insiste en que ?no se está hablando de que la lectura sustituya a la terapia farmacológica, ni mucho menos, sino que puede ser útil como tratamiento coadyuvante para tratar algunas dolencias?.

Axuda terapéutica ou non, o certo é que hai motivos de sobra para comprender o significado deste proxecto. Escoitar a Cristian, vestido coa su pequena bata azul do hospital, unindo unha letra con outra coa la axuda do dedo, recitar: ?Hola Mundo, afuera hay árboles para trepar, praderas por las que correr... espérame?, é tan sóo un exemplo.


"A MIÑA VIDA NO HOSPITAL"

Aos seis anos de idade, a Carlos Fernández Leira descubrieronlle un grave tumor. Cinco años despois, o cativo escribiu o libro ?Una escuela diferente?, da colección Timonel, para contar cómo vivíu o tratamento no Hospital Clínico de Santiago e cómo logrou superar a súa enfermidade. No seu relato, o cativo fala coa inocencia, tenrura e moita valentía sobre a súa enfermidade e as súas experiencias na Escola Infantil Camilo José Cela de dito hospital. Hoxe, totalmente recuperado, confía en que este libro axude a todolos nenos que, coma él, pasaron por unha planta de oncoloxía. Os beneficios destinaranse a realizar actividades que fagan máis agradable a súa estancia no centro.

?Una escuela diferente?, é unha iniciativa pioneira do Proxecto Literapia.


Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 26-09-2008 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un éxito de asistencia na primeira convocatoria dos Clubs de Lectura
Anxos Sumai convocou a algo máis do medio centenar persoas para inaugurar os Clubs e Lectura "Casaescola" de Vilagarcía.

Un animado diálogo entre a autora catoirense e os numerosos lectores que acudiron á cita proposta por Casaescola tivo lugar na sala de conferencias do Auditorio. Compartiron a lectura da novela "Así nacen baleas" de intencións "pouco canónicas" segundo a autora que retrata o ambiente "claustrofóbico" dunha casa onde medran os fillos moi especiais dunha nai abafada por "un fodido problema".
Durante dúas horas nun fluído ir e vir de preguntas e respostas, de reflexións e de análises dos momentos que nos gustaría revivir aquí e seguir ampliando a través deste blog. Facemos pois un chamamento para que a través dos comentarios que podedes colgar máis abaixo sigamos gozando deste interesante e enriquecedor pracer que é o de compartir unha lectura.
na Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 26-09-2008 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación á prensa dos Clubs de lectura
CLUB DE LECTURA CON ANXOS SUMAI

24 de setembro
ás 20 h. no Auditorio de Vilagarcía

Ésta é a data o día 24 de setembro, pero con anterioridade e á vez que a Concellería de Educación facía chegar aos centros de ensino e centros culturais da vila os carteis invitando a participar na primeira actividade destes Clubs de lectura "Casaescola", o noso colectivo convocaba á prensa para facerlle chegar esta iniciativa a todos os lectores de xornais, para dar coñecemento ao público en xeral de que se se queren sumar a esta primeira experiencia que imos compartir coa autora de "Así nacen as baleas", Anxos Sumai, que adiante, que aínda queda algún exemplar nas librerías.

Pois ben, máis abaixo quedan os enlaces para queira saber como reflicte a prensa local dita presentación.
Na Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 21-09-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA CON ANXOS SUMAI
24 de setembro
ás 20 h. no Auditorio de Vilagarcía


Esta vai ser a primeira ocasión na que en Vilagarcía teñamos a oportunidade de constituír un Club de Lectura. Escollemos a Anxos Sumai como compañeira e mestra de cerimonias desta apertura porque ela coñece aos vilagarciáns e a súa idiosincrasia de homes e mulleres do mar da Arousa dunha vila en constante evolución, afable e curiosa. Ímonos sentir con ela como quen está con alguén que coñeces de toda a vida, na presenza dunha alegre, ocorrente amiga. No trato con ela sempre fica unha sensación tremendamente enriquecedora ademais de agradable.
Coñecemos a Anxos Sumai e podemos recomendar con toda a humildade entrar tamén no abrazo sutil das súas palabras escritas. A súa lectura é como un achegamento sincero ao latexo do cotiá ou aos sobresaltos do bulir do mundo global, pero, á vez ou pola contra, capaz de levarnos da man preto da casa natal a carón do mar, dos lazos que nos unen cos que nos deron o ser. Mergullar nos sentimentos e as paixóns, nas contradicións e nos condicionantes que conviven conosco, nas relacións entre as persoas que se queren ou simplemente desexan vivir distinto aos demais, nese constante construírnos nun universo de seres diversos.
Esperamos non perdades esta ocasión de gozar da saiba desta literatura galega nova e seductora, xustamente recoñecida e galardoada, que Anxos Sumai representa. Estamos convencidos de que imos compartir unha experiencia fecunda e entrañable, con moita participación, preguntas, respostas, reflexións e suxestións nacidas todas da lectura de ?Así nacen as baleas? . Unha experiencia da que sairemos reclamando, seguro, que haxa máis, que se repita, outra, outra?, como se fosemos nenos aos que se lles acaba de ler un conto.
Un último consello. Quen queira coñecer outros textos desta autora, destacada polo uso da rede como soporte da literatura fresca, pode facer uso dos enlaces que colocamos máis abaixo.

CRÍTICA DA MEMORIA
ANXOS E DIAÑOS
ANXOS DE GARDA
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 12-09-2008 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
VILAGARCÍA, DÉIXATE QUERER
COMEZAN A ANDAR OS CLUBS DE LECTURA "CASAESCOLA"

Auditorio de Vilagarcía,
24 de setembro 2008


Con motivo da inauguración do presente curso escolar o Colectivo CASAESCOLA dá comezo tamén a unha das iniciativas que con grande ilusión vimos preparando: OS CLUBS DE LECTURA.

Trátase dun proxecto aberto e participativo que desexamos se autoregule cos asociados e interesados lectores e lectoras que en Vilagarcía abondan, pero que, polo de agora, non planearan compartir experiencias de lectura, un xeito de enriquecerse cos libros ao ter a oportunidade de falar de eles con outros lectores e cos seus autores/as, ilustradores ou editores. Tamén deben ser os clubs de lectura un xeito de animar aos novos lectores a incorporarse este marabilloso mundo das letras. Falamos de Clubs en plural porque pensamos poñer en marcha tres distintos clubs: un de infantil, outro da mocidade e outro de adultos.

O próximo día 24 de setembro, ás 20 h. no Auditorio de Vilagarcía, comezarán coa presenza de autores próximos que naceron ou viven na comarca. Dúas propostas ben diferenciadas, unha para adultos e outra para os máis cativos.

A primeira proposta do Club de Lectura de Adultos é o libro ?Así nacen as baleas? da escritora Anxos Sumai, nacida en Catoira; unha novela da Editorial Galaxia coa que gañou o premio Repsol de narrativa breve ( se desexas saber máis da autora e esta obra podes consultar os enlaces que che propoñemos máis abaixo). Para o Club de Lectura de Infantil estamos xa en conversas cos dous autores residentes en Cambados, Chema Heras e Xulio Gayoso, que iniciarán á súa vez este percorrido compartido de lecturas para os primeiros lectores de Vilagarcía días despois.

Mais non quixeramos privar aos asociad@s a CASAESCOLA nin aos interesad@s, en xeral, que se poidan apuntar a estes CLUBS DE LECTURA da oportunidade de poder desenvolver un proxecto, insistimos, participativo e aberto que nos gustaría ver medrar e enriquecerse mes a mes. Por iso facemos esta convocatoria inicial a tod@s os que queiran organizar as seguintes sesións e a dinámica futura dos CLUBS DE LECTURA ?CASAESCOLA?, sexan asociados, ou non, do noso Colectivo se acheguen o próximo día 15 de setembro ás 20 h. da tarde ao Auditorio de Vilagarcía.

Recomendamos que corras a voz e invitámoste a que, se non tes o primeiro dos libros que propoñemos, ou ben o compres xa ou ben te achegues a calquera biblioteca a facerte cun exemplar e, así, poder ler e participar plenamente desta nova iniciativa de CASAESCOLA.

Non te esquezas e déixate querer polos libros!
Anxos Sumai na Editorial Galaxia
Datos biográficos sobre Anxos Sumai
Recomendando "Así nacen as Baleas"
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 11-09-2008 05:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0