Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNHA GRAN RESPOSTA EN FAVOR DO GALEGO

Centenares de docentes, nais e pais, tamén nen@s e rapaces e rapazas estiveron en Cambados reclamando o dereito a aprender en galego.
era unha concentración apoiada palas Anpas do Salnés, os departamentos de Normalización lingüística, a mesma Coordinadora de ENDL dos IES do Salnés,os sindicatos do Ensino CCOO, CIG, SGTE, UXT e as asociacións de ensinantes CANDEA, ASPG, Nova Escola Galega ademais, claro está do nos Colectivo CASAESCOLA.
Foi un acto emotivo no que tomaron a palabra diversos nen@s e rapaces para ben recitar ou ler textos de Rosalía, Cabanillas, Manuel María ou se Séchu Sende. Tamén foi un relato deste autor o escollido para ser lido por Viqui Seixas, mestra da Escardia e da directiva de CASAESCOLA. Este foi o texto
na Voz de Galicia
no FARO DE VIGO
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS - Publicado o 25-06-2009 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
TOD@S Á CONCENTRACIÓN EN CAMBADOS
Vén de convocarse unha concentración patrao próximo día 25 de xuño ás 20,30 horas no paseo da Calzada en Cambados da que CASAESCOLA participa pois é unha convocatoria feita a raíz da iniciativa do noso Colectivo de convocar un acto informativo do pasado día 15 de xuño dirixido á Comunidade Escolar de Vilagarcía á que se engadiron de xeito natural centros como a Pastora de Cambados ( no acto estiveron tanto docentes como a ANPA) cunha problemática intimamente relacionada co tema da consulta sobre as linguas, como é o feito de que se pretenda suprimir o Plan experimental do galego, que leva xa varios anos en funcionamento.

A convocatoria é ben ampla colectivos de docentes, ANPAS e sindicatos da comarca apoian esta concentración coa que se espera dar realizar unha última contestación tanto a mal intencionada e acientífica enquisa e á política contraria ao galego que parece querer implantar a Consellería de Educación
carta dunha estudante
un SI ao galego no ensino
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 23-06-2009 06:17
# Ligazón permanente a este artigo
Lingüística e Nacionalismo
Están circulando pola rede algunhas conferencias do catedrático madrileño Juan Carlos Moreno Cabrera sobre a cuestión das linguas no Estado Español resulta bastante interesante nestes momentos.

Unha moi interesante foi a que realizou sobre os prexuízos lingüísticos que trata esencialmente sobre estes tres prexuízos:
- Para entenderse hai que falar a mesma lingua.
- O galego non serve para comunicarse fóra de Galicia.
- Toda promoción dunha lingua que non sexa "común" vai en detrimento do entendemento.

Neste outra que circula por Youtube sobre Lingüístia e Nacionalismo xira arredor dos seguintes temas:

- O avolengo documental do español.
- As virtudes do castelán primitivo.
- A conversión do castelán en español.
- A dialectalización do castelán moderno.
- O español como lingua común.
- O español global

Comentarios (0) - Categoría: VÍDEOS DE INTERESE - Publicado o 20-06-2009 07:19
# Ligazón permanente a este artigo
Unha aclaración gráfica na enquisa

Espalla este gráfico, envíao aos teus coñecidospara aclarar ben a enquisa de Educación.
COACCIÓNS E LEGALIDADE
Comentarios (0) - Categoría: DEBATES - Publicado o 17-06-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
CONTUNDENTE REXEITAMENTO ÁS ENQUISAS
Tras a realización do acto informativo que CASAESCOLA realizaou onte sobre as enquisas enviadas pola Consellería de Educación aos centros de ensino, puidemos constatar un total rexeitamento por parte dunha gran parte dos docentes que alí estaban representados, como tamén por das ANPAS. De feito tanto os Directores dos centros de Primaria e Secundaria de Vilagracía teñen pensado realizar unha xuntanza no dia de hoxe e pola súa parte as ANPAS pensan facer outro tanto ante o que se califica unanimemente dunha consulta tramposa.
Os membros dos Equipos de Normalización dos centros do Castro Alobre ou do Bouza Brei, así como os tres sindicatos do ensino representados, CIG, CC.OO. e UXT mesmo algúns directores presentes denunciaron a falta de garantías democráticas que este proceso presenta, tanto no enunciado das cuestións como no tratamento posterior dos datos. Tamén se evidenciou o seu carácter partidario e que está creando un conflito onde non o había. Trátase, segundo se concluía no debate, dunha medida que xustifique ante a opinión pública a derrogación do Decreto actual, decisión que parece que xa se ten tomada de antemán e motivo polo cal estas enquisas non presentan rigor ningún, son como se dixo "un paripé".
Mentres que a Consellería nos medios de comunicación segue anunciando que o proceso se está desenvolvendo sen problemas, onte unha asemblea de directores de toda Galicia se xuntaban en Santiago ou centros como os de Educación Especial de Vilagarcía, por poñer un exemplo aínda non recibiran a Enquisa, non terá pensado a Consellería enviar a consulta aos pais deste centro?.
nota dos directores de Vilagarcía
no FARO DE VIGO
Claustros de Profesores tamén
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 16-06-2009 06:33
# Ligazón permanente a este artigo
CONFUSAS ENQUISAS SOBRE O GALEGO
O Colectivo CASAESCOLA quere manifestar publicamente a súa preocupación polo que aparentemente aparece presentarse como un exercicio de liberdade e de procura da opinión das nais e dos pais por parte da Consellería de Educación da actual Xunta de Galicia. As enquisas sobre a utilización das linguas no ensino que se están enviando ás casas en realidade ocultan unha interesada e touticeira operación de confusión polas ?eivas? que presenta. A consulta carece de rigor ao propoñer opcións de resposta enganosas e ambiguas aos pais e nais que na súa maioría son descoñecedores da distribución de materias que cursan os seus fill@s. Prevalece pois a propaganda mediática e as intencións máis políticas e partidarias que educativas. Denunciamos a escasa fiabilidade da mesma pola falta de rigor e de criterios elementais de sociolingüística e porque ademais se prohiben dende a administración educativa, a través de cartas ben explícitas enviadas a todos os centros de ensino, debates ou achegas de informacións aos pais e nais que exercerán unha opinión cuxos resultados ? serán tidos en conta á hora de deseñar as futuras políticas lingüísticas no ámbito da educación non universitaria de Galicia?.

Analizando as enquisas enviadas aos centros e reiterando os chamamentos e denuncias realizadas xa entre outros por todos os Sindicatos da Ensinanza e a Coordinadora de Equipos de Normalización dos propios centros, comprobamos que efectivamente presentan preguntas ambiguas e imprecisas. Por exemplo, cando un pai/nai queira manifestar que desexa que o seu fill@ reciba o 50% das materias en galego, deberá escoller unha opción que na enquisa aparece como ?todas en galego?(enunciado que, como é evidente, pode ser interpretado de xeito ben distinto por aquelas persoas que non coñezan a fondo a distribución actual das materias impartidas nos centros, que lamentablemente é a maioría da poboación).

Por outra parte, é sabido que o conxunto da sociedade, como recollen numerosos estudos de sociolingüística, está aínda moi condicionado polos prexuízos históricos que moitos galeg@s presentan cara a que é a lingua propia de Galicia. Por iso lamentamos que, para unha vez que se di consultar ás familias, se leve a cabo unha consulta tan irregular, precipitada e sen ningún valor científico, onde a información brilla pola súa ausencia e prohibindo o debate nos centros, necesario ante un tema complexo e de evidente transcendencia para o futuro do galego. Ten ademais esta consulta outras carencias democráticas como a de negar a opción a que nunha familia haxa dúas opinións diversas (volvemos a tempos pasados onde só era válida a opinión do cabeza de familia) e mesmo o carácter secreto non está plenamente garantido. Parece que esta consulta carente de rigor na distribución e no procesamento dos datos está supeditada ao interese político e partidario de xustificar un cambio na política lingüística que está alimentando a confusión, o conflito e a crispación arredor da lingua que nos une a todos os galegos.

CASAESCOLA como colectivo que intenta promover a comunicación entre os docentes e as familias sabemos que neste momento hai centros na nosa localidade onde debido a prohibición da inspección educativa impediuse unha achega de información ás familias por parte dos docentes ou ANPAS, creando unha vez máis unha maior distancia entre as casas e as escolas.

Este é o motivo de que o noso colectivo invite ao todos os pais e nais de Vilagarcía a participar nun acto informativo sobre estes cuestionarios que unha boa parte da Comunidade Escolar xa recibiu este venres e outra seguramente recibirá o próximo luns. O acto terá lugar o próximo luns día 15 ás 20 horas na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía. No mesmo participarán membros de distintos Equipos de Normalización dos centros de ensino do municipio.

Dende CASAESCOLA desexamos que se escoite ao conxunto da Comunidade Educativa, mesmo aos docentes e aos sindicatos ensino cando reclaman que o que realmente se debería facer chegar á sociedade (no seu conxunto, non só os pais ou as nais) unha proposta de implicación á hora de garantir na educación a competencia lingüística nos dous idiomas oficiais en Galicia, ademais da incorporación máis decidida de linguas como o inglés ou o portugués.


Vilagarcía de Arousa 11 de xuño de 2009
no Faro de Vigo
na Voz de Galicia
Opinión dos ANPAS de GALICIA
Comentarios (1) - Categoría: NOVAS - Publicado o 13-06-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES
Este título do autor sueco xa falecido Stieg Larsson foi escollido para realizar unha nova sesión do CLUB DE LECTURA de ADULTOS o próximo xoves 18 de xuño, que terá lugar como xa sabedes nunha das aulas do Auditorio Municipal a partir das 20 horas como noutras ocasións.

Deixamos aquí as imaxes do que será o seu estreo en versión cinematográfica.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 13-06-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Preséntanse o Colectivo de ANPAS de Vilagarcía
Xa levan reuníndose un tempo e comezan a agromar resultadose iniciativas interesantes. A primeira foi unha charla para tod@s @s nais e pais dos Colexios Públicos. reproducimos aquí a carta de convocatoria.

As Asociacións de Nais e Pais de Alumn@s dos colexios públicos do concello de Vilagarcía de Arousa, estámonos a reunir nos últimos meses, coa fin de levar a cabo accións conxuntas que podan ser de interés para todos nós e para os nosos fillos e fillas.

Considerando que a familia constitúe o núcleo básico no que crece e se desenrola cada neno e cada nena, e tendo en conta que na nosa cultura sigue xogando un papel de gran importancia ao longo da vida, sendo determinante na educación e na transmisión de valores para axudar a densenvolver seres autónomos e responsables, pensamos que para comezar estas actividades de carácter colectivo, sería interesante algún tema relacionado precisamente con ese entorno familiar.

Na procura dalgúns especialistas que poideran axudarnos para desenvolver este tema, nos puxemos en contacto co persoal do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD) do concello de Vilagarcía, para o que se ofreceron a levar a cabo unha sesión formativa destinada aos pais e nais na que abordar diversos factores de protección da familia de cara a evitar posibles problemas futuros en relación coas posibles adicións.

Polo tanto desde o Colectivo de ANPAs dos Colexios Públicos de Vilagarcía de Arousa, organizamos unha xornada ás 19:00 horas do vindeiro 5 de xuño no Auditorio Municipal, á que vos invitamos a asistir a todos os pais e nais deste Colexio e na que se tratarán os seguintes temas:
- Comunicación familiar e diálogo
- O papel dos pais/nais como modelos de conducta e transmisores de valores
- Fomento da autoestima e outras habilidades nos nen@s (afrontar a presión dos compañeir@s, tolerancia frente ás frustacións, toma de decisións)
- Establecer normas familiares que axuden aos fill@s a dicir ?non?.

Ademáis contaremos cun servizo de gardería/ludoteca para que os que non teñades con quen deixar aos vosos fill@s, podades asistir igual. Para organizalo vos agradeceríamos que nos comunicásedes a asistencia a través do boletín que figura máis abaixo.

¡Animádevos a vir! ¡Esperámosvos!


A actividade contou cun servizo de Ludoteca pra facilitar que os pais e nais interesados puidesen deixar aos seus fill@s nun espazo próximo á sala de conferencias do Auditorio.
Comentarios (0) - Categoría: NOVAS - Publicado o 09-06-2009 06:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0