Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"84 Charing Cross Road" de Helene Hanff
Como na sesión anterior, desta vez propoñemos a lectura da novela de Helene Hanff xunto coa película baseada na mesma que ten o título de "A carta final" con Anthony Hopkins e Anne Bancroft de protagonistas e dirixida por David Hugh Jones, do ano 1987.
O libro trata sobre as recopilacións das cartas que intecambiou a escritora norteamericana cun libreiro de Londres durante vinte anos, para solicitarlle libros descatalogados ou de segunda man. Así apreciase a diferentes personalidades dos protagonistas: máis vital, ela e máis serio pero cordial, el. As cartas van facéndose máis íntimas e cariñosas reflexando o mundo do arredor, unha gran paixón polos libros e unha profunda amizade.
Recomendamos especialmente esta novela de tan fácil e conmovedora lectura, e a película que é bastante fiel o libro.

Por outra banda, informamos a próxima reunión será a última deste curso 2010-11, celebrarémola o xoves 9 de xuño ás 20.00 h. no anexo do ropeiro da planta baixa do Auditorio de Vilagarcía.

Esperamos a vosa asistencia e participación.
Facilitamos o enlace para a lectura do libro por se tendes problemas para atopalo, aínda que está publicado na editorial Anagrama.


Comentarios (4) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 18-05-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0