Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SEDA de Alessandro Barico
Distinta a do mes de marzo foi a convocatoria de maio. o 18 de maio tivemos unha sesión moi concurrida e entrañable cun libro que tamén se fixo querer.
Tivemos no comezo da sesión un recordo para Mario Benedetti, non podía ser menos, lendo algúns textos conmovedores.
Logo pasamos a desentrañar o sensual libro de Barico louvando a lectura agradable, áxil , levadeira dada a forma escollida polo autor, tremendamente lírica, inzada de sentimento e sutilezas, que algúns suxería unha acuarela, pola lixeireza con que está escrito. Unha lectura con pausas e paralelismos que van marcando un ritmo cuasi lírico na mente do que le.
Logo o tema cunha óptica decimonónica, unha historia cun Oriente lonxano e un Occidente contraposto, nunha Francia burguesa e refinada e moi poucos personaxes , case que de conto que manteñen entre si unha curiosa e intrigante, amorosa e sinuosa relación.
Como seguro sabedes hai unha versión en cine, dicimos ben unha versión, porque xa podedes prever que é ben distinto o resultado da lectura dun libro que o da visualización dunha película e máis neste caso.
Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 21-05-2009 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
"Brooklyn Follies" de Paul Auster
Facemos unha breve reseña a touro pasado deste libro que fora escollido para o Club de Lectura de Adultos para o mes de marzo. Resultou esta convocatoria un tanto precipitada e cambiiouse para o luns 13 de abril. A pesar do cambio foi unha reunión pouco concurrida tras da Semana Santa para un grupo numeroso de asiduos asistentes. Como xa ocorreu noutras ocasións previamente na biblioteca municipal estiveron a disposición dos asociad@s e amig@s exemplares do libro en galego, mesmo para os que o preferiron ler en castelán tamén houbo algún na sala. Os libros pídense no mostrador de préstamo e están reservados para as persoas que están apuntadas no Club de lectura ou sexan do colectivo. Os requisitos: dar o nome, poñer no listado os datos do libro, signatura e registro, a data e a sinatura. Para as devolucións dos exemplares, fíxose o día do encontro ou posteriormente na mesma biblioteca.

Comentarios (0) - Categoría: CLUBS DE LECTURA - Publicado o 21-05-2009 05:58
# Ligazón permanente a este artigo
A crise do Trasno
Este mes de maio a Concelleira de Educación esqueceu chamar ao Trasno das Letras para que viñera visitar os centros de Infantil e Primaria de Vilagarcía. Coa crise andache todo tan revolto que o Trasno das Letras, como bo trasno que é,pasou desapercibido de novo para moitos centros. Houbo outros que o botaron de menos e mesmo houbo algún no que, como sempre e porque xa é tradición alí, chegou o Trasno revolvéndoo todo, mesturando cadeiras e mesas, abrindo os paraugas e cambiando o esqueleto e os xogos de lugar... mais tamén coma sempre deixando como agasallo un lote de libros en cada aula para aqueles nenos e nenas que lles gusta ler en galego. Este ano non foi tan espléndido como o ano pasado, cousa da crise que tamén debe afectar ao bolso do Trasno. Debeu pensar que para o próximo curso sería máis espléndido e máis notorio.Oxalá que así sexa.CASAESCOLA deu xa pasos certeiros para que o próximo ano non haxe ningún colexio e ningún neno en Vilagarcía que non saiba que a noite do 16 ao 17 de maio vén un trasno a revolvelo todo ás aulas, mesmo ás casas dos nenos que falan galego, e a deixar contos e libros na nosa lingua como agasallo, por iso se lle coñece o Transo das Letras.
Comentarios (0) - Categoría: O TRASNO DAS LETRAS - Publicado o 21-05-2009 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0