Quixemos escoller para a próxima sesión do Club de lectura de adultos de Casaescola que se vai realizar o próximo mes maio ( o día aínda está por determinar), ler un par de obras de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado con motivo das Letras Galegas.
Vimos de ler a obra poética de Rosalía e pensamos que existen moitos aspectos da súa vida, conimplicacións claras na súa obra, que resultan a día de hoxe un misterio. Autora que mandou queimar parte dos seus escritos no leito de morte, a súa precaria saúde, a súa tendencia depresiva, o seu sentir protofeminista, a relación co seu home, a súa mocidade en Compostela, o ser filla de nai solteira... Rosalía de Castro como referente das nosas letras primordial constituíuse nun verdadeiro mito para todos os galegos/as. É por iso que da multitude de pezas esxritas por Roberto Vidal Bolaño decidímonos ler un par de obras:
Agasallo de sombras, na que Vidal Bolaño trata de achegarse á verdade dramática da sombra que proxecta Rosalía sobre os galegos de hoxe.
Un dos personaxes da obra é Aurelio Aguirre, poeta amigo de Rosalía, que logo se suicidaría con 25 anos de idade na praia de Riazor. Estes días vén de atoparse un libro inédito.
Botádelle un ollo a este poema do poeta romántico sobre a sombra que puído influír no famoso negra sombra de Rosalía:
Dime tú, ser misterioso,
que en mi ser oculto moras
sin que adivinar consiga
A idea da confusión que provoca
si eres realidad o sombra,
ángel, mujer o delirio
que bajo distintas formas
a mis ojos apareces
con la noche y con la aurora,
y a todas partes me sigues
solícita y cariñosa,
(?)
y si suspiro, suspiras,
y si triste lloro, lloras?
( do poema ?El murmullo de las olas? de Aurelio Aguirre)
Saxo tenor unha das mostras do espírito de renovación do teatro que realizaba este autor. É unha das obras máis coñecida, que ademais non coincide con outras creacións súas que ao longo deste mes vanse representar nos escenarios de Galicia, algunhas como Criaturas en Vilagarcía.
A despreocupación pola Educación e a Cultura por parte do goberno municipal do Concello de Vilagarcía camiña en paralelo á preocupación cada día maior dos cidadáns ao comprobar as intencións e o descaro escandaloso de concelleiros como Francisco González do que acabamos de saber que, ademais de ser o promotor de graves propostas, recortes e trabas para que os veciños poidan realizar actividades culturais en Vilagarcía, leva recibindo cantidades considerables de cartos da administración dificilmente xustificables. Remitimos ao que aparece en prensa.
Deixamos aquí varios enlaces sobre a crispación dos colectivos tras do Pleno no que o goberno municipal de Vilagarcía quixo impoñer un criterios na contra das asociacións e colectivos culturais. o que provocou unha inmediata reacción.