Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No Día da Literatura infantil e Xuvenil |
|
Entregáronse hoxe , nesta data tan sinalada para os novos lectores, premios na Biblioteca de Vilagarcía aos mellores lectores e lectoras. A literatura infantil e xuvenil, en xeral e en galego, en particular, gozan dun bo estado de saúde. En galego en concreto, supón un terzo dos ingresos que as editoriais galegas obteñen (segundo se fixo público a través da prensa no día de hoxe) o que supón un incremento real do consumo de libros para nen@s e moz@s, un síntoma moi satisfactorio sen dúbida do incremento de lectores neste sector da poboación.
Outra iniciativa moi interesante deste día que deberíamos poder tamén na nosa comarca realizar é a que no Morrazo se presentaba tamén hoxe. No Concello de Marín baixo o título "A nosa memoria" editouse unha recolleita da tradición oral dirixida aos máis pequenos, nunha edición moi coidada que inclúe un DVD. Esta publicación foi unha proposta que naceu con motivo das Xornadas de Animación á Lectura en galego que se desenvolveron ao comezo do curso escolar, no outono do 2008 a iniciativa da Editorial Kalandraka e da Secretaría Xeral de Política lingüística da Xunta e que o goberno municipal acordou levar a cabo. Un libro para nen@s nos que son os avós e avoas os que aportan cantigas, ditos, adiviñas, etc... que eles mesmos escoitaron á súa vez da boca dos seus maiores. |
|
|
|
Rubén Ruibal 1º Premio de TEATRO RADIOFÓNICO |
|
 O autor que recentemente nos visitaba no Club de lectura coa obra Limpeza de sangue vén de gañar o 1º Premio da III edición do concurso de Teatro Radiofónico coa obra titulada Peter Buckley escrita por Rubén Ruibal e máis César Candelas que xa teñen compartido algún outro proxecto, como comentou na súa estancia en Vilagarcía o mes pasado.
Dende aquí a nosa noraboa e animar a saber máis sobre dita obra podedes escoitar o programa da Radio Galega " Diario Cultural" que se emite diariamente entre as 15 e as 16 horas da tarde. Máis abaixo deixamos un enlace coa gravación do día da entrega e a posibilidade de escoitar as obras finalistas, todas elas moi interesantes. O enlace pertence ao blog do programa da CRTVG. |
|
|
|
|
|