Colectivo Casaescola


Da casa á escola, animar a ler é cousa de tod@s

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA PODES ASOCIARTE A CASAESCOLA

FOLLA DE INSCRICIÓN
Por favor, encha os seguintes apartados:

DATOS PERSOAIS:
Apelidos e Nome:??????????????????????????????

Idade:????????NIF?????????????

Enderezo:??????????????????????????????.
??????????????????????????????????.

Teléfono:??????..Móbil:???????.
e-mail??????????????????

DATOS COMPLEMENTARIOS( a encher á vontade do asociado):

-No caso de pertencer a un ANPA indicar de que centro:

??????????????????..

-No caso de ser docente indicar o centro no que traballa:

??????????????????.

-No caso de querer comunicar a súa profesión :

?????????????????????..

INTERESES:
Club de lectura:
Infantil □
Xuvenil □
Adulto □

Outros a especificar:???????????????????

COTA: Establécese unha cota anual de 5?, que se pode aboar en efectivo ou por ingreso en conta bancaria.

Efectivo: □
Ingreso na conta de Casaescola: □
(facilítase copia co nº de cta.)
Domiciliación bancaria: □

Entidade: Oficina: DC: nº cta.:


Vilagarcía de Arousa, a ???de???????.de 2008




Sinatura

Fainos chegar un correo con estes datos e porémonos en contacto contigo axiña.
Comentarios (2) - Categoría: Quen somos? - Publicado o 25-04-2008 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
Preámbulo á presentación en sociedade

O próximo día 17 de abril, como preámbulo a unha serie de actividades que se van realizar ao redor do día do libro, o Colectivo CASAESCOLA quere facer unha presentación especial previa para os centros de ensino de Vilagarcía invitando aos equipos directivos, aos encargados das bibliotecas dos centros e aos ANPAS de Vilagarcía. Desexamos expoñer os fins que nos marcamos como Colectivo que, como reza o seu nome, está formado tanto por mestres e profesores, como por pais e nais de Vilagarcía e que, como tamén queda suxerido na súa denominación, ten como obxectivo fundamental achegar o mundo da Casa ao mundo da Escola e viceversa.

CASAESCOLA fomenta o encontro e as experiencias de comunicación en que participen ensinantes e pais . Ten a lectura como unha das principais ferramentas de traballo por ser un dos elementos máis representativos da educación integral das persoas.

CASAESCOLA ten un ámbito de traballo exclusivamente local porque cremos que é un xeito de garantir a proximidade e promover a participación activa neste proxecto. Pretende, entre outras, cousas como dinamizar e transformar a animación á lectura e/ou destruír as barreiras que existen entre o mundo do ensino e a vida en familia. Tentaremos contribuír a repensar colectivamente o proxecto educativo e mellorar a formación dos cidadáns presentes e futuros do noso concello.

Son metas ambiciosas e esperanzadoras que nos marcamos á hora de nacer, pero somos optimistas porque partimos de experiencias como son O TRASNO DAS LETRAS ou O ENCONTRO ?DA CASA Á ESCOLA, ANIMAR Á LER É COUSA DE TOD@S?, que quizás algún de vos xa coñecedes, realizadas no mes de maio do curso pasado e no mes do outubro deste curso, respectivamente, e que tiveron unha resposta moi positiva e alentadora.

Agora toca organizarnos e darlle corpo ao Colectivo como asociación e, á vez, presentarvos o CALENDARIO DE ACTIVIDADES ata finais de ano. Quixeramos tamén invitarvos a participar e/ou colaborar connosco porque nos parece fundamental que todos os centros de Vilagarcía estean representados en CASAESCOLA e, cando dicimos todos os centros, falamos, tanto de docentes como de pais e nais, volvendo a insistir nunha das novidades e valores deste proxecto.

A reunión será o próximo día 17 de abril ás 20 horas no Seminario nº2 do Auditorio de Vilagarcía á que esperamos asista unha numerosa representación dos claustros dos centros e ANPAS, Bibliotecas escolares e Municipal, Libreiros e as Concellerías de Educación, Cultura e Xuventude.

Nota: A reunión terá unha duración aproximada 1 hora.
para ver referencia na presa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
2 de abril un día para o libro infantil e xuvenil
Hoxe é o día escollido para celebrar internacionalmente o Día do Libro Infantil e Xuvenil facéndoo coincidir co nacemento dun dos autores de literatura para nen@s universalmente coñecido. Un día como hoxe de fai pouco máis de douscentos anos(1805)naceu Hans Christian Andersen, autor de libros tan coñecidos como "O parruliño feo"(ese marabilloso relato que é unha especie de autobiografía), "o soldadiño de chumbo" ou "O traxe novo do Emperador".


Quixeramos traer aquí un par de reflexións. A primeira que a literatura infantil e xuvenil está ocupando día a día o espazo que merece, ese que como calquera outro alimento de primeira importancia ofrece para a humanidade. Para medrar os máis cativ@s precisan da lectura, fará deles homes e mulleres máis ric@s, máis íntegr@s, pero tamén lles ofrece un pracer semellante ao das máis deliciosas comidas, pois é un pracer que os nosos nen@s reciben asociado a sensacións e experiencias que día a día se fan máis vigorosas e vizosas ao redor da lectura de textos e de ilustracións fermosas sexa nas casas, sexa nas escolas ou mesmo nas bibliotecas municipais.

Mais, a pesar dos evidentes avances na concienciación sobre a importancia desta etapa , é tamén manifesto que a nosa sociedade segue adolecendo do tempo preciso para dedicarlle á lectura. Segue faltando tempo en nais, pais , mestres e nas concellerías ou nas consellerías pata invertir na lectura para nen@s, tamén para que eses moz@s que ocupan unha gran parte da súa adolescencia ,como di Xabier Docampo, na queixa permanente, poidan facer uso da literatura como ferramenta de desafogo, de expresión, como arma de coñecemento ou de introspeción. Si, falta tempo para impulsar esa etapa na formación dos primeios lectores, para ler cos nosos fill@s no día a día,para procurar espazos e actuacións nos concellos que inciten a gozar da lectura, para que nos centros ( que son os que mellor o levan) a lectura sexa o fío condutor e esencial na ensinanza.

Imos avanzando nas formas, nos recursos , nas ideas. Están proliferando en múltiples cidades asociacións, colectivos e iniciativas que inciden neste terreo aínda, en gran medida, por labrar e cultivar. Neste mes de abril, por exemplo, Vilagarcía tamén aportará algo novo. estamos ultimando a nosa presentación oficial(da que nuns días daremos conta). En Galicia estamos ademais de noraboa porque hoxe cumpre, nada máis e nada menos que, dez anos unha editorial galega, xoven e innovadora especializada en literatura infantil que está xa tamén introducíndose paseniño no terreo da literatura xuvenil. Kalandraka Editora funcionou nesta década como unha corrente de auga fresca, un verdadeiro revulsivo no mundo editorial máis aó das nosas fronteiras e goza dun gran prestixio e recoñecemento dentro e fóra de Galicia.

Sexa logo, ben recibido e celebrado este día.
para saber máis sobre Andersen
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2008 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0